Que tal,

Si participamos nesta lista é precisamente por iso.
Pero tes que comprender que non todo o mundo se adapta moi ben á dinámica
das listas de correo.

O noso obxectivo como asociación é facilitar que a xente disposta a
colaborar (que non ten por que ser informática) teña a alguén que faga de
"intérprete" entre o que se decide nas listas de correo e o traballo real a
desenvolver.
É decir, temos a varias persoas dispostas a traducir software libre, pero
non chegan máis alá de que lle deamos feito un documento có código de
mensaxe, a mensaxe orixinal e un espazo para meter a traducción. 
A nosa labor como asociación será formar a eses traductores, distribuir o
traballo e coordinálo. Queremos ser un pequeno LUG que colabore con toda a
comunidade de software libre.

Deste xeito, cremos que podemos limitar o nº de mensaxes dentro da lista
sobre temas que seguro que estarán máis que falados (Que é un PO?) e
centrarnos en coordinar esforzos e evitar pisarnos os uns aos outros.

Espero que quede aclarado, porque non nos parece mala idea (non a teríamos
posto en práctica ;-))


Un saudo



"Leandro Regueiro" <leandro.regueiro en gmail.com> escreveu:
>> Desde agora, ademáis de Teatro, Historia, Lingua, Cinema, etc, tamén
>> teremos
>> un grupo adicado ao software libre, tanto no que respeita á súa
traducción
>> e
>> adaptación como á difusión social do mesmo.
> 
> Respecto ó de crear outro grupo de tradución de software libre, penso
> que é xa non innecesario, senón que pode ser contraproducente. Se hai
> xente disposta a colaborar que se integre dentro dos grupos xa
> existentes, que xa son demasiados.
> 
> Ata logo,
>                        Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 


Responderlle a