Elixícheme non é ningunha forma [escrita] galega. O sufixo para a P2 do
pretérito de indicativo é -ches: elixíchesme, cantáchesme, cedéchesme

2008/11/7 Antón Méixome <meixome en mancomun.org>

> Ola mvillarino
>
> Son uns comentarios breves para ir razoando sobre estas palabras no
> corrector.
> A cuestión básica que se debe decidir é a seguinte:
>
> O corrector é un mero instrumento tonto que recolle o que ten o VOLG ou ben
> é un corrector un pouco máis proactivo sobre os textos que corrixe. Dividir
> a lingua estándar en correcto/incorrecto e totalmente insuficiente,
> considérase obsoleto desde o punto de vista da lingüística galega.
>
> Quizais unha combinación...  de corrección e suxestión ?
>
> sendeiro
>   Resulta que é claramente un castelanismo recente, "senda". De feito, a
> RAG recomenda o uso de "carreiro". Con todo, admítese desde hai pouco porque
> non había unha solución aceptable para "senderismo". A min quédame a dúbida
> de se o corrector debería toleralo ou facerse un pouco "o duro" con estas
> cousas.
>
> consensuada
>   Outro 'castelanismo' recente. De "consenso" pode saír  consensuar? claro,
> pero é un pouco raro. Fíxate que unha palabra semellante, do mesmo rexistro
> como sería proceso-> procesar, entón debera ser *consensar. O feito de que
> teñamos ?consensuar é porque o castelán o toma do latín. Pero para que? se
> temos acordar, conveniar, avinzar, negociar, conxuntar, mancomunar... Unha
> proba é que o portugués non ten ese verbo aínda que si ten "consenso" e
> mesmo "consensual".
>
> *elixícheme
>   Iso é un erro do corrector, totalmente de acordo. Hai falas galegas que o
> teñen como válida esa forma de conxugar o verbo.
>
> *prexuiciosa > prexudicial ?
>   Na miña opinión é mellor que a suxestión fose "danosa, daniña" e non
> prexudicial, que debera quedar como "algo previo ao xuízo".
>
> paseniñamente
>   Claramente débese incorporar
>
> inquedanza
>   Outra que se debe integrar sen dúbida.
>
>
> Antón Méixome
>
>
>
> mvillarino escribiu:
>
>> Olá,
>>
>> pedíronme que lle pasase unha corrección a uns textos e fun achando estes
>> erros:
>>
>> senderos <= non ofrece "sendeiros"
>> consensuada <=non a dá como válida,
>> elixícheme <= non ofrece "elixíchesme"
>> prexuiciosa <= non ofrece "prexudicial"
>> paseniñamente <= non a dá como válida,
>> inquedanza <= non a dá como válida
>>
>>
>
>
> --
> Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org Centro de Referencia
> e Servizos de Software Libre Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de
> Compostela (Galiza/ES) Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 <meixome
> @ mancomun.org>
>
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081107/43c3f934/attachment.htm
 

Responderlle a