Con respecto ao do ficheiro pdf da presentación de Xusto xa o volvín a 
exportar a pdf

Desta vez está.. son 9 dispositivas, non 18 como tiña o outro pdf.

Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/5/14 Irene Touriño <itourinho en cesga.es>:
>   
>> Boas,
>>
>> Os vídeos están volcados sen edición algunha. Non se diferenciou a
>> presentación do acto da charla de Xusto, e supoño que é a iso ao que te
>> refires. En calquera caso imos revisar por se colgasemos de xeito
>> desordenado algún dos cortes (efectivamente me comentan que si, as nosas
>> desculpas. Procedemos a corrixilo na maior brevidade posible).
>>
>> En canto a recoller as diapositivas no vídeo asumo a que puidese ser a
>> miña parte de culpa. Segundo o meu criterio estético e de composición
>> visual e, dado que as presentacións xa están dispoñibles na web, pensei
>> que era mellor recoller só ao relator. Para a próxima vez e, se o
>> considerades mellor, rexistramos coa cámara todo o espazo con pantalla
>> incluida (aínda que iso supoña unha merma na calidade da imaxe).
>>
>> Un saúdo, Irene
>>     
>
> Non. Erro meu. Síntoo. Con presentación referiame ó ficheiro .pdf, e
> con vídeo ó ficheiro .avi.
>
> En canto ó outro tes razón, mellor atender ó relator porque no
> relatorio saen máis cousas das que hai na presentación, ainda que a
> veces por culpa do eco é dificil escoitar. Menos mal que os asistentes
> usaron o micrófono que senón non se lles escoitaría nadiña.
>
> Respecto ós cortes, verificádeo.
>
> Ata logo,
>                Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>   


-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
http://www.mancomun.org
mancomun en mancomun.org

Responderlle a