Ola,

A devandita carta envieina o Venres por correo certificado. Síntoo moito
Fran, pero o enviado non se corresponde co voso borrador: crin que se lle
debía dar outra aproximación á problemática. Ao longo de hoxe vou publicar a
carta na web, bardante que haxa obxección.

Vou publicar a carta en parte polas informacións (entendo que) erroneas que
dende outros lados se deron a algún medio dixital. Se a información
publicada se fixo só coa información que estabamos comentando aquí, entón
estamos ante a) unha difamación ou b) ante unha dificultade de comprensión
lectora. Se alguén dos que están rexistrados na lista ten outra información
a mariores do proxecto abalar, sería interesante e positivo que a comentara
aquí; dun xeito público e aberto, como todo o que comentamos aquí.

Saúdos!
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a