Convoco a segunda asemblea ordinaria do ano para este 18 de Decembro ás
15.30. Celebrarémola ou na cidade de Vigo ou en Pontevedra, segundo
dedicidades nestes vindeiros catro días. Admitense de bo grado suxerencias
de local.

A orde do día é:
1. Lectura e aprobación da acta asemblearia anterior
2. Comunicación do estado do convenio coa SX do iMiT
3. Revisión do estado das contas
4. Informe e aprovación do plano de actividades para o 2011
5. Debate sobre da convocatoria á repetición do convenio co iMiT para o
2011.

Recórdovos que
1. tedes o estatudo dispoñible aquí:
http://trasno.net/ficheiros/estatuto.pdf
2. podedes delegar o voto noutra persoa tal como se indica no estatuto
3. podedes alzar calquera cuestión para ser tratada na asemblea
4. que só teñen dereito a voto os asociados, inda que calquera pode asistir
5. que é un fantástico momento para asociarse e/ou coñecernos en persoa ;)


Nota:
Se vos parece a convocatoria demasiado xusta no tempo, pódese retrasar ou
facer de modo telemático mais 1, metémonos en datas moi "festivas" e 2, é
preferible falacela "ao vivo".

Saúdos,

Miguel Branco
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a