2011/2/1 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>
>
> 2011/2/1 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>>
>> é tentar un "streaming" e que a xente opine por MI/IRC ?
>
> Alberto Permuy, o de O Zulo, brindásenos a artellarnos o "streaming", como
> xa fixeron na xuntanza do último "Software Freedom Day"

Iso xa o vexo moito máis factible. Sempre que a calidade do son sexa
boa. E se ademais serve para grazar o video (aínda que o que interesa
é soamente o son) das discusións sería caralludo para despois sacar os
argumentos usados sen necesidade de irse parando no momento para
transcribir todo, e deste xeito a conversa sería moito máis fluída.
Aínda así seguiria sendo útil que ao final da discusión do termo se
fixera un recapitulación en voz alta dos acordos sobre o termo, para
facilitar despois a recuperación da información relevante para crear o
ficheiro TBX que reflicta os resultados.

Deica

>> 2011/2/1 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>
>>> 2011/1/27 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> > 2011/1/27 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>>> >> Por favor,
>>> >>
>>> >> anotade estas cousas para as Trasnadas. Coido e cada vez me asevero
>>> >> máis
>>> >> que a forma máis oficiosa e cómoda para todos é asentar terminoloxía
>>> >> dentro do marco das Trasnadas (aka en persoa).
>>> >>
>>> >> Isto non saca de que na rolda enviemos impresións e investiguemos para
>>> >> que cando cheguemos á Trasnada seguinte sexa máis doado chegar a fixar
>>> >> un termo.
>>> >>
>>> >> Saúdos
>>> >
>>> > Ese método "in personae" non inventamos nós, claro. Tamén é o que fan
>>> > as institucións lingüísticas como a RAG. Así que as Trasnadas son o
>>> > máis oficial que vai haber no noso idioma para solucións de tradución
>>> > no ámbito do software (un subconxunto das TIC). É unha lástima non
>>> > explorar as posibilidades dun sistema de IRC que tería dúas vantaxes
>>> > moi importantes
>>> >
>>> >  - reunións breves cunha marcadísima orde do día, frecuentes
>>> >  - as decisións quedarían directamente rexistradas mediante o log
>>> >
>>> > Sería un método igualmente "in personae" pero "in absentiae" e
>>> > permitiría que as Trasnadas fosen moito máis produtivas
>>> > (revisión/confirmación de acordos do IRC).
>>> >
>>> > Quero dicir que o que debemos asegurar é a posibilidade de participar
>>> > e que se teña en conta o que se achega ao debate mesmo sen asistir.
>>> > Esa é a función dos outros soportes (lista, bases de datos,
>>> > bibliografía, servizos web, etc). E si, para tomar unha decisión final
>>> > é imprescindible que
>>> >
>>> > - os argumentos para o debate xa sexan coñecidos
>>> > - que haxa unha proposta de solución
>>> > - que o efecto (impacto) da solución sexa coñecido
>>> >
>>> > Este procedemento tampouco é un obstáculo para que os responsables de
>>> > coordinación dun proxecto, ás veces o simple tradutor,  tome decisións
>>> > "locais" cando non hai un solución colectiva ou cando esa solución
>>> > fose inaplicable.
>>> >
>>> > Saúdos,
>>>
>>> Na última Trasnada estabamos no IRC para que dalgún xeito puidera
>>> participar máis xente e a verdade é que intentar escribir todo o que
>>> dicia a xente da moito traballo. Nin intentando sintetizar creo que
>>> fora moi fácil facelo. Eu vexo dificil volver usar o sistema a menos
>>> que unha persoa que non queira participar escriba a fume de carozo
>>> todo o que se fala, porque eu estaba intentando transcribir, atender,
>>> pensar a miña opinión, expresar a miña opinión, contar os votos, e
>>> tamén intentar escribir os resultados e non din feito nada diso ben.
>>> De feito aos cinco minutos xa estaba en modo telegráfico e non creo
>>> que Xabier (que era o único conectado que non estaba presente) se
>>> enterara de moito.
>>>
>>> Deica
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a