Ola trasnego/as

Como sabedes na asociación debemos ter dúas asembleas por ano, así que en
nada deberiamos celebrar a primeira. Propoño por iso xuntar a asemblea cunha
nova Trasnada, a cal temos posibilidade de celebrar en debidas condicións.
Ademais, o día das letras galegas parece unha data ideal. E como as
provincias do interior son as que sempre temos esquecidas, gustariame que
esta asemblea/trasnada fora en Ourense ou Lugo.  Organizativamente o máis
viable agora é Ourense.

Co cal, que vos parece celebrar a trasnada e asemblea en Ourense ou 14 ou 21
de Maio?. En canto decidamos isto, convocarei a asemblea de modo.

A páxina wiki do evento é esta: http://wiki.trasno.net/Trasnada_11.0 . Ide
editando segundo queirades.

Como nota, o número de edición das trasnadas está posto provisionalmente.
Collín a idea da numeración de distros coma Mandriva. Acéptanse suxerencias
de cambio :)

Veña, que nun mes vémonos todos!

Saúdos,
Miguel
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a