Benvido!. Síntete coma na casa ;)

2011/4/28 Anxo <bassbal...@gmail.com>

> Benvido!
>
>
> 2011/4/28 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>
>> Ola David.
>>
>> Encantados de contar contigo na rolda de Trasno. Nos botarémosche unha
>> man cos consensos da comunidade galega de localización e ti porás a
>> túa experiencia no campo concreto de OpenERP. Para traducir ben, fan
>> falta as dúas partes, coñecer a parte do idioma (terminoloxía, estilo
>> usado pola comunidade, consensos, ...) e parte técnica relacionado con
>> ese aplicativo (o contexto no que se traduce e outras máis).
>>
>> Alégrame que te apuntaras. Como xa che dixen no seu momento, en breve
>> terá lugar unha nova Trasnada e sería un bo momento para asistir a ela
>> e coñecer máis sobre o proxecto e a comunidade galega que alí se
>> reunirá para chegar a acordos que se deberán aplicar nas traducións
>> que leva cada un. Creo que será en Ourense aínda que eu desta vez non
>> podería asistir.
>>
>> Un saúdo.
>>
>>
>>
>> 2011/4/28 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>> > Benvido David,
>> >
>> > de seguro que aquí atoparás axuda para mellorar as túas traducións e
>> > para despexar dúbidas.
>> >
>> > Nesta rolda podes preguntar sobre o que queiras:
>> >  - Software que usamos para traducir
>> >  - Software que usamos para revisar ortográficamente
>> >  - Software que usamos para revisar terminoloxía
>> >  - Despexar dúbidas terminolóxicas
>> >  - e en xeral calquera dúbida relacionada co tema da rolda
>> >
>> > Agardo que a túa estadía nesta rolda sexa de agradábel.
>> >
>> > Saúdos
>> > --
>> > Fran Dieguez
>> > Coordinator of GNOME L10n Galician Team & GNOME member
>> > l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@gnome.org
>> >
>> >
>> > O Xov, 28-04-2011 ás 09:26 +0200, David Diz escribiu:
>> >> Envíovos este correo para presentarme , son David Diz .
>> >>
>> >> Actualmente traballo no desenvolvemento e implantación de software
>> >> empresarial mediante a ferramenta de código aberto OpenERP
>> >> http://www.openerp.com/es
>> >>
>> >> O proxecto está aloxado en launchpad
>> >> https://launchpad.net/openobject
>> >>
>> >> Esta ferramenta é multilinguaxe e as traduccións fanse mediante
>> >> arquivos .po e pódense descargar ou editar online en launchpad a
>> >> través de rosetta,
>> >> por exemplo a traducción da última versión estable do servidor:
>> >>
>> https://translations.launchpad.net/openobject-server/6.0/+pots/base/gl/+translate
>> >>
>> >> Dende fai un par de anos levo facendo aportacións a traducción ao
>> >> galego do servidor , os clientes web e gtk e os módulos dispoñibles
>> >> ( mais de 500 ) aínda que de forma independente valéndome das
>> >> ferramentas existentes.
>> >>
>> >> Foi Enrique Estévez (Keko) da oficina de software libre da usc quen me
>> >> fixo saber da existencia desta lista de correo.
>> >>
>> >> Un saúdo.
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
> http://trasno.net/
>
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> http://www.jabberes.org/
> aovi...@jabberes.org
>
> Un saúdo!
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a