Non visionei ningún video dos deste ano así que non sei a calidade que hai.
Pero en base a experiencia do ano pasado, non hai que valorar moitos
elementos, creo. Así, o que se me ocorre a grosso modo e por orde de
importancia para nós:

- A respecto da lingua:
* promoción do galego
* critica social

- A respecto da tecnoloxía:
* lingua e tecnoloxía (rara albis)
* uso de novas tecnoloxías

- A respecto da calidade artistica
* calidade artistica de son/video
* calidade do guión

Esta tarde verei os videos, así que xa direi algo máis concreto.

2011/8/2 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Poderiamos facer unha cousa...
>
> Os que estivestes o ano pasado, poderiades facer un modelo de
> elementos a valorar de 0-10 ou 0-5 (ou o que sexa) e como tres ou
> catro aspectos, propoño facelo nunha folla de calculo en google-docs e
> podermos ir vendo e valorando
>
>
> 2011/8/2 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> > Ola a tod@s!
> > Non sei se recordades, pero na Asociación temos a colaboración con
> > Inestable.org para o Cinestable II ( http://www.cinestable.org/ ). Ali
> > concederemos un premio á mellor curtametraxe en galego. Necesitamos estar
> > varios para facer de xurado así que convídovos a vir e participar na
> escolla
> > o día do festival. Polo momento creo que staremos Xabier, Bouzada e eu,
> pero
> > cantos máis sexamos mellor. Como son moitas curtas as que se presentaron
> > (sobre 40 me din), os que poidades pasar por Ordes antes ou vernos a
> Xabier
> > ou a min facemos unha criba previa antes do día.
> > É este venres pola tarde noite en Ordes!.
> > Saúdos!
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a