Boas:
A min non.

Antón Méixome escribiu:
[[Desde Mancomún]]

Pregúntame Javier Rial, eu tamén o fago, a vosa opinión sobre o envío
de correos relacionados coa coordinación, documentación e estado das
traducións de xa que non se facía antes pero que dada a situación de
confusión,  e inestabilidade que estamos padecendo estas últimas
semanas consideramos que era mellor pecar de máis que de menos para
que a información chegase con transparencia a todo o mundo. De feito é
seguro que varios dos membros de Trasno están a recibir estes correos
por varias vías.

O dito, se o sentir xeral é que estes correos molestan ou están fóra
de lugar, decídeo e entón só enviaremos os correos á lista de
coordinación propia en Mancomun (g...@mancomun.org) que era o método
que estaba a funcionar sen problemas.

Obviamente esperamos que sexa unha situación temporal.

Saúdos,

Antón Méixome


Responderlle a