Activade o log de consultas lentas do MySQL e arranxade o que saia, que eu
tiven problemas no seu momento, e eu pensaba que era o lurker, pero era
outro weblog que lanzaba unha consulta ben forte sen índices nin nada, e
cando viña o googlebot quedaban o Apache e o lurker e todo o demáis medio
aparvado.

On Jul 12, 2010 3:21 AM, "Miguel Bouzada" <mbouzada en gmail.com> wrote:
> Tivemos que "tirar" o servizo de Lurker xa que un proceso fillo comia
todos
> os recursos, estamos a tentar arranxalo, de non conseguilo, teremos que
> "abrir" as consultas en mailman. Só vos pedimos un pouco de paciencia.
>
> O outreo día alguén preguntaba se se podia traballar no wiki, xa deixei
dito
> que agora si, so pedimos que se me avise por MI ou por irc #trasno de
cando
> se cai facer, para poder monitorizar os procesos, é xa o que resta antes
de
> poder liberar a posibilidade de traballa con pootle.
>
> Grazas.
>
> 2010/7/12 Miguel Branco <mgl.branco en gmail.com>
>
>> O Luns 12 Xullo 2010 08:56:33 Fran Diéguez escribiu:
>> > Ola rapaces,
>> >
>> > acabo de tentar acceder mediante web á rolda para ver os históricos e
>> > pídeme contrasinal. Como estou subscrito si podo acceder pero penso que
>> > non somos ningunha secta como para agochar o que falamos por aquí.
>> >
>> > En fin que eu digo que a rolda sexa accesíbel publicamente. Saúdos.
>>
>> Si, moi certo. A ver se o corrixen, igual quedou así despois do arranxo
dos
>> problemas.
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100712/2e629f93/attachment.htm>

Responderlle a