Benvido!! Os inestables vamos acabar colonizando Trasno XD

2012/11/8 Iván del Rio Paderne <i...@inestable.org>

> Eu, chámome Iván.
>
> Contactei convosco mediante o espazo en liña de trasno e, seguindo os
> aconsellamentos de Miguel, preséntome:
> Son un rapaz de 21 anos de Ordes e estou estudando Enxeñaría Informática
> na USC.
> Tamén son membro, pouco activo, da asociación Inestable Linux e usuario
> habitual de Ubuntu.
>
> O motivo polo que vos escribo é o seguinte:
> Como galego, educado en galego, sempre tiven un interese especial pola
> nosa lingua e, en xeral, por toda a cultura galega.
> Participo habitualmente en xornadas e actos relacionados co galego,
> xeralmente promovidos polos comités estudiantís ou por asociacións a prol
> da defensa da lingua, e levo varios anos escribindo un libro propio.
> (suposto a non ser rematado nunca hahaha)
>
> Que quero dicir con isto? Resumo.
>
> - Dani (membro de Inestable e amigo meu): Eh, Iván, que andas facendo?
> - Iván: Estou botando unha man coa traducción desta web ó galego.
> - Dani: Imaxinábamo. Sempre andas con algunha historia desas. Deberías
> contactar con trasno e axudar a traducir, é o teu.
> - Iván: Iso está feito.
>
> Miguel explicoume as cuestións máis básicas sobre o funcionamento de
> trasno e tamén me pasou uns enlaces sobre Introdución á tradución e algunha
> información que xa coñecía sobre os localismos.
>
> Eu, persoalmente, ofrézome pra axudar e colaborar como vexades convinte,
> tanto na tarefa principal de trasno, como en calqueira outra relacionada
> coa tradución ó galego.
> No ámbito da Enxeñaría Informática, considero que por agora non estou o
> suficientemente preparado nin posúo os coñecementos suficientes como pra
> facer labores de mantemento web ou similar mais penso que no que á propia
> tradución se refire, non tería ningún tipo de problema ou complicación.
>
> Con todo, estou á espera de que me orientedes un pouco máis e me digades
> aquelas cousas nas que precisedes máis axuda pra comezar a 'traballar'
> canto antes. xd
>
> PD: É posible que cheguedes a ler algún artigo, texto, ou mesmo algún
> correo meu en portugués. Non vos asustedes. Soamente é que estou aprendendo
> a lingua portuguesa, coa práctica. xd
>
> Un saúdo pra todxs e, como dixen antes, eu chámome Iván.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 

Xabier Villar
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a