2013/9/4 damufo <dam...@gmail.com>:
> Benvida!

Benvida.

Se precisas algunha axuda, material, ferramentas, etc, non dubides en preguntar.

Deica

> En 03/09/2013 13:56, Nuria Andión escribiu:
>>
>> Bos días, chámome Nuria e acabo de suscribirme á lista de correo do
>> Proxecto Trasno. Son estudante do Máster de Tradución Multimedia da
>> Universidade de Vigo e escollín esta comunidade para facer as prácticas
>> porque combina dous temas nos que estou moi interesada: por unha banda a
>> normalización da lingua galega e por outra, a promocion do software libre,
>> aínda que nesta parte aínda me queda moitísimo por aprender.
>>
>> Vou comezar coa tradución do programa Aegisub (http://www.aegisub.org), de
>> creación de subtítulos. É o meu primeiro proxecto real deste tipo, polo que
>> seguramente atoparei algunha dificultade, pero teño moito interese por que
>> saia ben e a intencion de seguir colaborando no proxecto unha vez rematado o
>> máster.
>>
>> Unha aperta
>> Nuria Andión
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a