2013/9/18 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Realmente queríao presentar como unha pregunta pero saíume demasiado
> asertivo.

Creo que iso se consegue poñendo un signo de interrogación. Debo
engadir que nos fixeches caír a todos na trampa :)


> De ser posíbel, entón, das dúas maneiras, non deberíamos escoller
> unha, por consistencia, como facemos co demais?

Eu case aseguraría que case seguro que se escollería "premer en".

Deica

> Xosé
>
>
> 2013/9/18 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> 2013/9/18 one2 <talivan.i...@gmail.com>:
>> > Eu coido que é correto, em galego os OD introduzidos por 'em' som um
>> > traço
>> > caraterístico.
>> >
>> > Por exemplo:
>> > -comer o caldo / comer no caldo
>> > -votar o BNG / votar no BNG
>> > -fodelo / foder nel
>> >
>> > «
>> > A gramática galega debe estimular a autenticidade da lingua e, en
>> > consecuencia, a súa
>> > sintaxe non pode reproducir punto por punto a do español. A sintaxe é a
>> > compoñente máis
>> > importante da gramática e por tanto tamén desde o ámbito sintáctico se
>> > debe
>> > procurar un
>> > galego vivo e fértil, con estruturas de seu, con usos diferenciados do
>> > español e, en definitiva,
>> > un galego de calidade. Neste sentido, os complementos directos con
>> > preposición do tipo de
>> > Comer no caldo constitúen un trazo diferencial co español que debe ser
>> > reintroducido nas
>> > nosas preferencias estilísticas.
>> > »
>> >
>> > http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/2183/8395/1/RGF%2011%20art%203.pdf
>> >
>> >
>>
>> Isto mesmo ía dicir eu.
>>
>> "Premer o/un/no botón" é perfectamente válido.
>>
>> De fondo hai certa complexidade na que non imos entrar pero hai
>> moitos, moitísimos complementos directos que poder ir con preposición,
>> moitas veces son simples variantes de máis ou menos estilo; outras
>> veces lévannos a  que o complemento pase de ser directo a ser un
>> suplemento, un indirecto ou un circunstancial. O DRAG está moi lonxe
>> de ser exhaustivo como sabedes. O instinto non vos falla.
>>
>>
>> >
>> > 2013/9/18 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>
>> >>
>> >> On mié 18 sep 2013 20:03:21 CEST, Adrián Chaves Fernández wrote:
>> >>>
>> >>> O Mércores, 18 de Setembro de 2013 19:42:18 Fran Dieguez escribiu:
>> >>>>
>> >>>> Hai algun documento con dita regra ao que podamos referirnos?
>> >>>
>> >>>
>> >>> Home, a min os exemplos do DRAG válenme :)
>> >>>
>> >>>
>> >>>
>> >>> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=premer
>> >>
>> >>
>> >> Pois iso é o que pedía
>> >>
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a