2013/9/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2013/9/23 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>:
>> Ola meus,
>>
>> Venho de liberar as GNOME l10n tools, un conxunto de ferramentas para
>> axudarlle aos tradutores de GNOME a centrarse na tradución esquecendo a
>> tediosa tarefa de lidiar cos repositorios, lembrar ordes para verificación
>> de traducións imposíbeis de lembrar, etc. O que podo traducir con
>> sinceridade, un xoguete para min que me evita facer traballo repetitivo e
>> aburrido.
>>
>> https://github.com/frandieguez/gnome-l10n-tools/
>>
>> Quizáis non sexa de interese para a maioría de vos xa que son un conxunto de
>> ferramentas que están moi centradas en GNOME e no fluxo de traballo do
>> proxecto. Porén si que pode ser de interese a súa modificación, mellora e
>> inclusión de novas ferramentas que poidan ser de interese noutros proxectos.
>>
>> Que ten g-l-t?
>> --------------
>>
>> GNOME l10n tools conéctase directamente co servizo web de Damned Lies
>> (l10n.gnome.org) para obter estatísticas en tempo real das traducións e
>> conta con varias ordes para usar nos módulos de GNOME (copio e pego a saída
>> que lista todas as ordes):
>>
>> module
>>   module:commit         Commits available changes to local repository
>>   module:download       Clones the repository for a given module
>>   module:push           Pushes changes to GNOME repository
>>   module:reset          Discards local changes in the module repository
>>   module:review         Resets the module local repository
>>   module:review:spell   Spelling review for a given module
>>   module:translate      Opens editor for the updated translations file of a
>> module
>> workflow
>>   workflow:full         Allows to translate a release set into a language
>>
>> A orde de máis interese é workflow:full á cal recibe o release_set
>> (gnome-3-10, gnome-3-8, gnome-extras, ...) no que queres traballar e devolve
>> as estatísticas en tempo real dos módulos que non están traducidos
>> completamente. Para posteriormente darche a opción de traducir un deles.
>> Logo disto realiza os pasos necesarios para actualizar a copia local, lanzar
>> un editor de ficheiros de tradución, e en canto o usuario remata a tradución
>> remite as traducións ao repositorio de GNOME (se pasan unhas comprobacións
>> previas).
>>
>> Por outro lado outras dúas ordes de interese son module:review e
>> module:review:spell as cales realizar comprobacións con posieve segundo as
>> regras existentes para o mesmo, no caso da primeira orde, e verificar a
>> ortografía das traducións mediante dicionarios hunspell, no caso da segunda.
>>
>> Tenho xa pensadas máis ordes a incluír no tocante a tradución de
>> documentación, revisión técnica, xeración de estatísticas locais, exportado
>> automático de memorias de tradución en varios formatos e algunha máis.
>>
>> Agardo que se vos sexa de interese, axudedes no proxecto. En caso contrario,
>> toda contribución de ideas para novas ordes é máis que benvida.
>>
>> Saúdos

Parece que ultimamente a moda é facer ferramentas de liña de ordes que
se integren coa API de ferramentas de tradución (ou algo polo estilo)
web.


> Sen dúbida é moi interesante. Pensaches en presentalo publicamente en
> lista internacionais? polo menos nas de Gnome.
>
> Unhas utilidades ambiciosas
>
> - posibilidade de idicarlle unha revisión personalizada: por exemplo
> que se deteña e pregunte cando aparezan determinadas palabras
> -almacenadas nun ficheiro-... buscando o fallo. (igual isto co posieve
> xa está )
> - xeración dunha lista de termos candidatos (lista de palabras
> significativas aínda que só aparezan 1 vez, sen palla: sen comúns,
> variantes de número ou xénero e conxugación)

Isto requerirá moita maxia negra, creo eu.


> - aliñamento desa lista de termos no bitexto, é dicir, que dada unha
> palabra na lingua orixe poida calcular aproximadamente (e realzala
> visualmente) a tradución dentro non só dun ficheiro, senón dun
> proxecto.

Isto estaría moi ben para o Trobador.


> - posibilidade de extraer a lista de palabras e o seu contexto
> anterior e posterior

Isto soa ao que xa fai o Trobador, non?


> Pódese divulgar como proxecto ou aínda o queres manexar como algo doméstico?


Falando do Trobador, Fran poñémonos a ver se lle damos un chisco máis
para adiante? Por exemplo gustaríame traballar na parte de que
Trobador devolva todos os resultados de golpe para unha busca dada e
despois con JavaScript permitir especificar traducións e ir filtrando
e contando as coincidencias. Eu podo ocuparme do JavaScript para isto.
Ademais cómpre mellorar a parte na que se permiten subir TMXs a chuzo
e crear automaticamente proxectos e versións.

Envío de novo o documento coas cousas que habería que arranxar, aínda
que con dúas ou tres xa me vou conformando:
https://docs.google.com/document/d/18TPnwhV6ngOtFU2e8ilgH6hUS9b27W6TRC83px4Eu5Y/edit


Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a