O Martes, 19 de Novembro de 2013 00:05:09 Antón Méixome escribiu:
> Engádase a estas dúas o problema de «resume» que xa o traducimos, creo
> que con bastante éxito como «retomar»

Gústame «retomar» para cando se interrompe unha tarefa, por exemplo, pero no 
caso dunha pausa nun vídeo ou son, non sería mellor «continuar»?

Dáme a sensación de que «retomar» implica un pouco que a acción que se expresa 
a continuación a realiza o mesmo que inicia a acción, mentres que ao continuar 
a reprodución, o usuario inicia a acción pero quen reproduce non é o usuario, 
senón a máquina.

É dicir, o que ocorre é: o usuario solicita continuar a reprodución → o 
reprodutor continúa a reprodución. Con «retomar», o que imaxino é: o usuario 
indica que vai continuar a reprodución → o usuario ponse a reproducir (dándolle 
á manivela, por exemplo).
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a