Ola,

Eu estiven por alí.

Creo que non hai conclusións escritas nin materiais para divulgar porque non
foron unhas sesións de traballo, senón unha serie de relatorios e mesas
redondas
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/matematicas/descargas/CNL
/Trip-Xornadas.pdf)

En relación á iniciativa sobre a Galipedia... é o que parece. Queren
constituír un grupo de traballo (formado principalmente por alumnado, que
amplie o número de entradas de tema matemático presentes na Galipedia, e
mellore a calidade das que xa hai. 
Pero o problema é que o alumno que propuxo a iniciativa este curso está de
Erasmus, e o profesorado que en teoría debería poñela en marcha está
totalmente perdido co concepto "wikipedia". 

Xusto

-----Mensaxe orixinal-----
De: Antón Méixome [mailto:cert...@certima.net] 
Enviado: martes, 19 de novembro de 2013 21:06
Para: Trasno - Lista
Asunto: terminoloxía matemática

Na Trasnada falamos tamén da conveniencia de adoptar unha regularización dos
nomes das funcións matemáticas para todo o software relacionado, comezando
por Calc pero seguindo por un montón de software importante que habería que
revisar ou traducir

Buscando fontes de referencia sobre o campo atopei que moi recentemente hai
unha iniciativa que nos pode vir pintada.

A Comisión de Normalización Lingüística da Fac. de Matemáticas acaba de ter
unhas Xornadas de léxico matemático pero non temos acceso a ningún material
nin conclusións. Tamén comunican a existencia de recursos pero non se pode
acceder a eles:

Entre estes medios contamos coa rolda de léxico, o concurso de vídeos
Explícoche matemáticas 2.0 e a nova iniciativa sobre Galipedia, que pode
axudar a visualizar as matemáticas en galego.


Alguén da lista podería saber algo máis sobre esta iniciativa da Galipedia,
que se é o que se intúe sería fenomenal?

Antón

P.S.
Aquí tamén un artigo fantástico de Carta Xeométrica
http://cartaxeometrica.blogspot.com.es/2012/11/a-utlidade-da-terminoloxia-ma
tematica.html


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a