2013/11/19 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Ola Trilino,

Ola,
perdón pola tardanza en responder.

Douche tamén a benvida. Se precisas máis indicacións non dubides en
comentalo. Ao comezo custa empezar porque normalmente non se sabe por
onde empezar, nin que facer, nin que programas empregar, nin que
axudas dispoñibles hai.


> Tamén che dou a benvida e interpreto da túa mensaxe de presentación o
> que di Miguel Branco, que prefires comezar traducindo sobre unha
> batería de frases almacenadas en vez de facelo manexando ficheiros.
>
> Se é así entón o teu punto de inicio debería ser un sistema de
> tradución en rede tipo Pootle, Transifex, Launchpad ou semellantes (se
> non sabes o que son busca en Internet ou dínolo e guiámoste).
>
> Confírmanos esta interpretación e podemos asignarche e tutorizarche
> algunha das traducións que hai en marcha.
>
> 2013/11/19 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>> Máis que benvido!
>>
>> Especifica un pouco máis, como é iso da base de datos?. Entendo que non
>> falas de aplicacións para xestión de bases de datos senón que te refires a
>> traducir un proxecto calquera no que teñas cadeas orixinais e simplemente
>> precises "cubrir" a tradución, non é?.
>>
>>
>> 2013/11/16 Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
>>>
>>> Moi boas a tod@s.
>>>
>>> Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno.
>>>
>>> Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no
>>> mundo informático.
>>>
>>> Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, e
>>> tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter
>>> alguha utilidade.
>>>
>>> Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa
>>> informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. Isto
>>> é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en inglés, para
>>> traducir ao galego.
>>>
>>> Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda.

Deica

>>> Apertas a tod@s.
>>> Trilino.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a