A propósito, interesantísimo artigo sobre o traballo en marcha de
Softastur e Cyanogen

Íñigo Varela: "Descargar y instalar la ROM pa tener el nuesu móvil
Android en llingua asturiana va ser mui fácil"

http://www.asturies.com/node/24670


2014-01-29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Xenial!. Tampouco caera eu na localización de Cyanogen.
>
> Polo que vexo, o subido en transifex é a tradución oficial no proxecto.
> Espero que aproben o grupo e axudo tamén a chiscos.
>
>
>
> 2014-01-28 Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com>
>>
>> Ola a todos e a todas:
>>
>> Hoxe dispúxenme a instalar CyanogenMod no meu dispositivo, coa sorpresa de
>> que non está localizado ao galego. Despois de buscar un pouco pola súa
>> páxina, nin sequera hai un proxecto de localización deste sistema operativo
>> móbil ao galego.
>>
>> Eu intentarei traducir o que poida, mentres teña tempo.
>> Para os interesados, nesta ligazón tedes a guía (en inglés) do proceso de
>> tradución (aínda que para o meu gusto explica moi poucas cousas).
>>
>> Atopei tamén este proxecto de localización ao español en Transifex, mais
>> descoñezo se é algo oficial ou se o que se fai aquí chega a ter relevancia
>> no sistema operativo ou non. Polo de mentras eu solicitei mediante esta
>> páxina a localización ao galego, supoño que alguén terá que aprobala para
>> que se poda levar a cabo.
>>
>> Un saúdo a todos.
>>
>> --
>> Isaac Álvarez Veiga
>> Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
>> Estudiante do Mestrado en Tradución Multimedia
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a