Boas:
No meu Thunderbird (ver captura) non aparece, se ós demais tamén lle pasa penso que merecería esa regra a parte.

Dani

En 04/02/2014 19:25, Antón Méixome escribiu:
Respecto do defecto do corrector:

Si que aparece a proposta correcta, quizais un pouco abaixo de máis.
Debe ser porque se considera un erro de teclado en lugar dun erro
léxico e por iso aparecen outras opcións alfabeticamente máis
próximas.
Non o sei pero supoño que a única maneira de melloralo sería facer
unha regra específica pero como o caso máis frecuente é o da minúscula
(e ese trátao ben) creo que non paga a pega.


2014-02-04 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
inda considérase unha redución da conxunción/adverbio pleno «aínda».
En tempos dicíase que era como "pro" (pero) ou "pra" (para). A
preferencia polas formas chamadas "plenas" na normativa é a que levou
coherentemente a privilexiar "aínda" no estándar ao punto de condenar
as demais.

Por certo, que me resulta unha enorme sorpresa comprobar que agora se
aceptan tanto pra, pro como inda... serán restos da etapa ferriniana?

2014-02-04 Dani <d...@damufo.com>:
Si, precisamente por iso preguntaba o de "inda", diría que é algo novo.
Creo lembrar que había quen prefería o uso de inda e naquel momento non
aparecía no volga nin no dicionario e por iso se desbotara dita opción.

Dani

En 04/02/2014 17:19, Miguel Bouzada escribiu:

aínda

Para todas as acepcións Sinónimo inda

http://www.portaldaspalabras.org/buscador?id=288440&sinom=0


2014-02-04 Dani <d...@damufo.com>:
Boas:
Achego unha captura do que penso é unha proposta estraña para corrixir
"Ainda"
Non propón "Aínda" con acento.
Se non me erro é pola maiúscula inicial xa a proposta é correcta cando se
trata de corrixir "ainda".
Por certo, xuraría que hai non moito tempo INDA non estaba no volga, non
se aceptaba e agora si, pode ser?

--
Dani


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



--
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a