+1 Bo traballo

En 07/06/14 12:04, Xosé escribiu:
> Parabéns e grazas!
> 
> Xosé
> 
> 2014-06-07 11:55 GMT+02:00 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
>> Para que non pareza que o proxecto anda parado, pensei que o mellor sería
>> facer un resumo tanto do que estiven a facer estes últimos meses como do que
>> estou a facer agora en relación co corrector de galego.
>>
>> Actualización de módulos e solución de erros
>> ============================================
>>
>> Estou procurando facer tarefas de mantemento do corrector cada certo tempo.
>> Estas tarefas inclúen:
>>
>>     • Solucionar erros dos que se informou mediante Github¹.
>>     • Solucionar erros dos que se informou no wiki de Trasno².
>>     • Actualizar os módulos de vocabulario e suxestións susceptíbeis de
>>       requirir actualizacións, ben manualmente (coma no caso das suxestións 
>> da
>>       Galipedia) ou ben automaticamente (que por sorte é o caso maioritario).
>>
>> Os cambios relacionados con estas tarefas de mantemento que levo feitos dende
>> o 13 de outubro do ano pasado están listos para integrarse co almacén
>> principal en calquera momento:
>>
>>     https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/191
>>
>> Estes cambios inclúen a creación dun novo módulo, «drag», que substitúe ao
>> «volga» como módulo principal de vocabulario. O módulo é basicamente o 
>> «volga»
>> con modificacións baseadas en diferencias entre o DRAG e o VOLGa que se foron
>> detectando.
>>
>> Os cambios tamén inclúen unha morea de vocabulario que non contemplan nin o
>> DRAG nin o VOLGa, vocabulario suxerido en distintas páxinas e na lista de
>> correo de Trasno no pasado. Este vocabulario foi engadido ao módulo de
>> «comunidade», o módulo onde se está a gardar vocabulario que non está apoiado
>> por fontes que teñan módulo de seu.
>>
>>
>> Limpeza do módulo de comunidade
>> ===============================
>>
>> Desde que efectuamos a separación dos ficheiros fonte do corrector en 
>> módulos,
>> todo o vocabulario do corrector que non procedía do VOLGa meteuse nun módulo
>> separado, «comunidade». O obxectivo do módulo «comunidade» é o de albergar
>> vocabulario e suxestións suxeridas por usuarios que aínda non están en ningún
>> outro módulo, e para as que non se dispón dunha fonte a partir da cal crear 
>> un
>> módulo que as conteña.
>>
>> Por exemplo, suxeriuse a palabra «autoestima». Esta palabra non está nin no
>> VOLGa nin no DRAG. Ata que se atope outra fonte “oficialista” que contemple a
>> existencia da palabra, «autoestima» engadiuse ao módulo «comunidade».
>>
>> Ao principio da súa creación, o módulo «comunidade» estaba repleto de
>> vocabulario (especialmente de topónimos) do que era posible atopar fontes. 
>> Así
>> que decidín poñerme a buscar fontes que contemplasen termos de «comunidade»,
>> creando módulos para esas fontes e eliminando os termos de «comunidade».
>>
>> Como resultado o contido do módulo «comunidade» reduciuse de maneira 
>> drástica,
>> e agora contamos cunha chea de módulos novos ou estendidos que poden
>> actualizarse de maneira automática: ceg (Confederación de Empresarios de
>> Galicia), microsoft, santiago (concello), udc, usc, uvigo, wikipedia e
>> wiktionary.
>>
>> Estes cambios tamén están listos para integrarse co almacén principal en
>> calquera momento:
>>
>>         https://github.com/meixome/hunspell-gl/pull/192
>>
>>
>> Automatización do módulo «drag»
>> ===============================
>>
>> No que estou traballando nestes momentos, dende hai un par de semanas, é en
>> automatizar a xeración do módulo «drag» a partir do contido das entradas do
>> dicionario da Real Academia Galega³.
>>
>> Supoñendo que o dea conseguido, isto permitiríanos:
>>
>>     • Incluír no corrector vocabulario que foi engadido ao DRAG pero non
>>       estaba no VOLGa (do que aínda non sabemos, algunhas destas diferencias
>>       xa se corrixiron manualmente a medida que se descubriron).
>>         • Detectar cando a RAG engada novas entradas ao dicionario ou 
>> modifique
>>       entradas en aspectos que afecten á ortografía (e.g. a transitividade 
>> dos
>>       verbos).
>>     • Poder adaptar facilmente o corrector a calquera cambio no formato ou
>>       calquera nova funcionalidade de Hunspell.
>>
>> Estou a usar o contido actual do módulo «drag» como referencia para 
>> asegurarme
>> de que o contido xerado automaticamente non introduce erros ou elimina
>> vocabulario ou datos de contexto que fornece o contido actual do módulo, e de
>> momento estou bastante seguro de que conseguirei esta automatización co 
>> tempo.
>>
>>
>> Máis nada :)
>>
>>
>> —
>> ¹ https://github.com/meixome/hunspell-gl/issues
>> ²
>> http://wiki.trasno.net/Coordinaci%C3%B3n_do_desenvolvemento_do_corrector_Hunspell_de_galego#Erros_e_propostas_pendentes
>> ³ www.realacademiagalega.org/dicionario
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a