+1
El 29/11/2014 16:58, "Miguel Branco" <mgl.bra...@gmail.com> escribió:

> Ola Manuel!
>
> Iso, a poñelos cativos a programar ;) Dado que por aquí nos podería
> interesar a varios axudar, poñémonos a compilar/traballar nunha lista de
> terminoloxía?
>
> Sobre do iOS. Dende logo que sería unha ledicia ter o galego tamén nos
> OSX, e nos iOS, pero é implausible conseguilo. Vendo a lista de linguas no
> Yosemite xa se ve o interese empresarial: só linguas con moita poboación
> e/ou alta presenza de usuarios. Véxase:
>
> http://www.iphonehacks.com/2014/06/new-dictation-languages-mac-yosemite-ios-8.html
> https://developer.apple.com/internationalization/
>
> Onde para o meu gusto destaca o checo e é de por si autoexplicativo. Que
> sexa posible depende soamente de Apple.
>
> Disto é de onde nace trasno: da idea de poñer o software libre en galego
> porque é o único xeito co que nos gañamos a posibilidade de, non de
> reclamalo, senón de traducir sen trabas e manter a tradución. Ou que as
> empresas que implementen ese software en equipos lles interese e o fagan
> elas. Pola contra, sen, irmochemos a grandes empresas, e revisamos a
> historia de traducións, veremos unha morea de exemplos de tradución de
> 'freesoftware' que acaban morrendo por cambios, ou restricións nas licenzas.
>
> Pero iso, calquera axuda coa terminoloxía para aplicacións para iOS,
> adiante con elas!
>
>
>
> 2014-11-29 11:00 GMT+01:00 Manuel Caeiro Rodrí’guez <mcaei...@gmail.com>:
>
>> Bo día,
>>
>> Estou interesado en traducción de aplicativos para que os rapaces
>> aprendan a programar. Teño traducido o Scratch ao galego
>
>
> É a túa a tradución que hai integrada no scratch oficial?
> Se é así, vai pensando en facerlle unha forte revisión, son moitos os
> profes que se queixa dela e constantemente están a solicitarme a tradución
> que fixera eu cando a versión que traballa en local non incuía o galego.
> Unha das cousas que máis me chamou a atención é a tradución de «sprite» por
> obxecto (igual que fai, erradamente, o español) no canto de empregar
> «trasno» como fan o resto de linguas románicas.
>
>
>> e agora estou con CodeCombat. Se hai alguén interesado nestes temas por
>> favor contactade conmigo.
>>
>
> Eu particularmente teño moito interese nese tipo de ferramentas para
> integralas no PicarOS, particularmente xa traducín cousas como «laby»
> (coñecido tamén como Ant, polo protagonista, que é unha formiga) e o
> incluído en PsyoGame.
>
>
>> Outro tema que me gustaría mover é o iOS en Galego.
>>
>
> Para iso non contes con Proxecto Trasno, máis aló de falar de
> terminoloxía, Proxecto Trasno SÓ traduce software Libre e que saibamos iOS
> non o é.
>
>
>> Saúdos
>>
>> --
>> Manuel Caeiro Rodríguez
>> PhD in Telecommunications Engineering
>> Associate Professor (Profesor Contratado Doctor)
>> Department of Telematic Engineering
>> E.E. Telecomunicación
>> University of Vigo
>> 36312 Vigo, Spain
>> Phone: (+34) 986.813.468
>>
>> Working in Edu-AREA
>> Web http://www.edu-area.com
>> Blog http://blog.edu-area.com
>> Twiter @edu_area
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
>
> --
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a