[G11n] Diccionarios para Galego

2008-08-06 Conversa Frco. Javier Rial
Ola:

tiña este correo pendente de aclarar sobre mozilla e hunspell

Miguel Branco escribiu:

 O Thursday 24 July 2008 17:17:33 damufo escribiu:

  Aquí vai esta ligazón que lin xa hai anos e me ilustrou de porque non

  pode ser en normativa rag o ispell

 

  http://ispell-gl.sourceforge.net/ilg-rag/index.html

  http://ispell-gl.sourceforge.net/

 Grazas por recordarme os enlaces: acabas de me recordar que debo de 
 incluír esta información nos bugs que enchín. Non pensara eu que o 
 galego era gramaticalmente (tan) complexo! [*].

 [*] complexo é o finlandés http://en.wikipedia.org/wiki/Agglutination ))

  Teño entendio que para o galego ten que ser o hunspell, de feito o

  myspell é bastante lento, se non me erro é o que aínda usa o thunderbird

  2.0


 Si, creo que inda Mozilla non mudou a Hunspell, inda que pretende facelo.

Mozilla (Firefox e Thunderbird polo menos, que son os que eu uso) xa dan
soporte nativo para Hunspell, polo que os complementos que temos de 
correctores
para Firefox e Thunderbird xa usan o mesmo corrector que o OpenOffice.org
en galego.

corrector para firefox e thunderbird..
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/5018

Saúdos.

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez  Técnico
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre   www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 687/ 881 999 113fjrial @ cesga.es



[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-06 Conversa mvillarino
 Agora vaiche saltar por aquí Marce dicindo que entre os de KDE deberia
 haber un respecto mutuo e deberias apoiar a súa guía.

Home, eu creo que marce, ademais de conterse á hora de mandar a alguén
á m***a, o que dirá e algo semellante ao que xa dixo. Pero como é
pouco falador seguro que prefire que revises os correos que hai na
lista de trasno.