[G11n] glosario gl en TBX para Virtaal

2009-11-09 Conversa Leandro Regueiro
 Ola,
 non miro o correo en dous días e xa me soltades todo isto.

 A ver, para comezar penso que en vez de adaptarnos nós ao que fan os
 desenvolvedores, que a veces non son moi conscientes do que fai falta,
 é mellor dicirlles claramente que é o que nos fai falta, para que
 fagan algo que lles sexa útil a milleiros de tradutores. A min o de
 usar ntig para a tradución de SL parécemevos algo innecesario, por
 exemplo, e non sei se nunha proba que se fixera con axuda de Marce
 conseguiramos que o Lokalize tragara un ficheiro que só tiña tig.

 Se lles fan falta exemplos de TBX (incluíndo o de Mancomún):
 http://ghicho.iespana.es/ E non vexo problemas en enviarlles o que hai
 na forxa, no cal a xente de Tagen Ata (se non lembro mal) realizou un
 gran traballo, aínda que evidentemente é mellorable.

 Ok, mándolles entón o enlace ao proxecto da Forxa do glosario. Se algún día
 desaparece, xa lles mandaremos outro.

Paréceme ben, excepto polo feito de que no glosario de Mancomún non
están tódalas etiquetas que pensamos usar nos futuros glosarios. Igual
era boa idea coller e facer un TBX cunha ducia de entradas e os campos
que nos interesan...


[G11n] glosario gl en TBX para Virtaal

2009-11-09 Conversa mvillarino
 O problema mais habitual já nom é incompatibilidade, mas um suporte débil do
 estándar, que nom permite muitas das vezes tirar todo o partido das
 especificaçons.

 O gran problema e que o Lokalize, descoñezo o Virtaal, non seguia o
 estándar e había que facer varias barrabasadas para que o puidera ler.

 Francisco: é umha única barrabasada (multiplicada n vezes, claro): mudar
 os langSet para conterem termGroup, o que realmente é umha das
 posibilidades do estándar.

 O assunto é que sem modificá-lo o Lokalize nom o le.

Se queredes, podo emitir un RFE (Request For Enhancement) no bugzilla
de kde, pero claro, preciso unha descrición de onde queredes chegar:
-A facer máis amigábel para o usuario a identificación do código de
idioma, de tal xeito que cando apareza gl_ES no canto de gl ou
viceversa, ou mesmo es_AR no canto de es_ES, que emita un aviso e
que permita escoller a lingua termo ?
-A empregar indistintamente un tig ou o primeiro contido dun ntig ?
-A poder meter definicións das traducións, e non só do termEntry? (A
sinonimia, évos moi traizoeira)
-A poder adicionar máis informacións administrativas tanto a nível
termEntry como langSet[n]tig?

???

 Sim, claro. Polo que sei do TTK (perguntava se alguem trabalhou com o
 Virtaal), nom se contempla a posibilidade de que um langSet contenha mais
 de um term. Isto é assi, por exemplo, para o csv2tbx, de maneira que para
 solventar problemas do estilo position=cargo|posiçom ou
 abort=cancelar|interromper deve-se escrever tantos termEntry como
 terms existam dentro do mesmo.

Penso que non sería complicado tirar de xquery para automatizar esta
filtraxe e aplanamento do tbx (non, non teño tempo)


[G11n] tradución nautilus-image-converter

2009-11-09 Conversa Dani
boas,

fai tempo que fixen a tradución deste pequeno complemento do nautilus:
nautilus-image-converter. o único que fai é engadir ao menú contextual
de nautilus un par de elementos cando se trata dunha imaxe:
redimensionar imaxe + rotar imaxe. 

a tradución foi moi rápida, porque era un .po con pouquiñas cadeas. logo
púxeno a funcionar copiando o .mo
en /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/nautilus-image-converter.mo

tratei de poñerme en contacto, en máis dunha ocasión, cos
desenvolvedores por correo electrónico a través da páxina web [1] do
proxecto, e non obtiven resposta.

tampouco o mantedor do paquete de debian me contestou (ou si, pero
díxome que xa non o levaba el)...

engadín algunha cuestión no launchpad de ubuntu para o tema da tradución
(creo que tamén no de debian)... en fin, que tentei darlle por todos os
lados pero algo un pouco perdido. non teño claro con quen debo poñerme
en contacto para que a tradución pase a formar parte dos repositorios,
tanto de debian como de ubuntu. algunha suxestión?

ademais, durante este tempo de esperar contestacións de correo,
descubrín que a tradución non funciona ben, tampouco a de castelán, hai
unhas liñas que aparecen nunha ventá con barra de progreso mentres se
executa o redimensionado, ou ben a rotación, que, aínda que traducidas
no .mo, aparecen en inglés igualmente... unha chapucilla!, pero claro, o
desenvolvedor non me fai caso ningún. opinións?

un saúdo,
dani

pd: mandaría o .po á lista, mais non teño moi claro se está ben visto
iso de anexar ficheiros nos correos da lista, que me dicides? 

[1] http://www.bitron.ch/software/nautilus-image-converter.php




[G11n] tradución nautilus-image-converter

2009-11-09 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Dani escribiu:
 boas,
 
 fai tempo que fixen a tradución deste pequeno complemento do nautilus:

Dani coido que tes o meu Jabber, dame un toque mañán e cho miro a ver se
podo facer algo

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAkr4m5IACgkQmLtmJqKk+bg9ZQCdE4HEialX1cb/nHZZbcdzai8l
mHEAn0R4d4RqidUMvVoMXMp/M2tYU+ul
=7Qb7
-END PGP SIGNATURE-