[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Reportaxe para a difusión do g11n

2008-04-29 Conversa Leandro Regueiro
  Tomo nota dos últimos apuntamentos e prometo interiorizalos para futuros
  eventos: utilizar sempre formularios de inscrición web :-).

Vale.

  Outra proposta. A ver se esta ten máis aceptación. Estamos pensando en
  elaborar unha reportaxe sobre a labor de tradución do software ao galego
  para unha maior difusión do g11n. Estaría encamiñada ao público en xeral, co
  fin de dar a coñecer a toda a sociedade o traballo que estades a desenvolver
  de xeito voluntario.

É interesante. Hase axudar a elo. Hai tempo dende Código Cero
propuxéranme facer unha especie de revisión do estado da localización
ó galego do software. Igual eles poderían publicar algo tamén.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Reportaxe para a difusión do g11n

2008-04-28 Conversa Irene Touriño
Boas,

Tomo nota dos últimos apuntamentos e prometo interiorizalos para futuros
eventos: utilizar sempre formularios de inscrición web :-).

Outra proposta. A ver se esta ten máis aceptación. Estamos pensando en
elaborar unha reportaxe sobre a labor de tradución do software ao galego
para unha maior difusión do g11n. Estaría encamiñada ao público en xeral, co
fin de dar a coñecer a toda a sociedade o traballo que estades a desenvolver
de xeito voluntario.

A miña idea é enfocala de forma moi clara para todo o mundo (obviando
tecnicismos e xerga propia deste eido) e evitando abstracismos. Creo que é
importante que a sociedade comece a asimilar que o Software Libre é unha
realidade ao alcance de todos.

A reportaxe presentaría a realidade da tradución de software en Galiza, os
logros acadados ata o momento e a exposición das vantaxes de contar con
software libre en galego (fenda dixital, normalización lingüística, custe
cero, etc)

Por suposto, todo isto carecería de sentido sen a vosa aportación.
Sinceramente, penso que ninguén mellor ca vos pode describir o que significa
 a localización de software e as motivacións que vos leva a facelo.

Deixo aberta esta idea e agardo ansiosamente as vosas aportacións, propostas
 de modificación, correccións ou calquera cousa que consideredes oportuno.

Un saúdo e grazas anticipadas pola vosa colaboración. Irene Touriño

-- 
Irene Touriño Eirín
Técnico de Comunicación
Centro de supercomputación de Galicia
Avda. de Vigo s/n. Campus Sur.
15705 - Santiago de Compostela.
Tlfn.: 981 56 98 11
Fax: 981 59 46 16