[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao galego

2006-11-02 Conversa Camilo Regueiro
Envio un traballo que tiñamos feito entre varios xa fai un tempo. É unha 
tradución parcial (non se completara) do FireFox 1.5, feita por Xusto 
Rodriguez (pertencente ao Servizo de Normalización da USC) e por Xosé 
Antonio Rubal.
Esta tradución estaba feita co MozillaTranslator e non fora completada 
por unha serie de cuestións técnicas, pero o traballo feito, é 
linguisticamente valido, xa que está feito por un profesional de 
prestixio, como é Xusto.

En Dimensiona iamos retomar este traballo feito por Anton e Xusto, e 
xunto con Reverso iamos rematar esta versión. Eu tentei apuntarme como 
coordinador da tradución en Mozilla.  Lembrar que o primeiro coordinador 
autorizado para o Mozilla fun eu mesmo, xa que xa tiña realizado esta 
labor para a tradución do antigo Netscape 4.5  xunto con Ramón Flores( o 
que chamamos XIS). Tamén fora o coordinador da primeira versión do 
Milestone 14 feita por Galego21, xa que o Mozilla foi o sucesor do 
Netscape Navigator, e cando o proxecto de Netscape reconvertiuse eu tiña 
a representación oficial para o idioma galega (tivera que asinar un 
contrato formal de compromiso, etc..). A posteriori e dado que 
deixaramos de traballar no proxecto Mozilla, Jacobo Tarrio pediume que 
lle dera paso no proxecto, e escribirin aos de Mozilla, decindolles que 
lle pasaba o testigo a Jacobo, como así foi durante un tempo.
Ao que ia solicitara para a tradución do FireFox 1.5 a coordinación, 
e lle escribin a Jacobo para retomar o tema, e foi cando me comentou que 
existia o grupo do Galician Mozilla, e foi tamén como vin todo o lio que 
habia con respecto á tradución do Firefox, polo que tanto Xose Rubal 
como eu decidimos aparcar o tema e deixar ver como remataba o asunto.
Vendo que por fin se retoma de xeito mais ou menos encamiñado, adxunto o 
material que tiñamos pendente de rematar ou de enviar ao grupo de 
traballo que se constituira dun xeito algo constante.

Ben, o que envio son dous arquivos. Un arquivo .po que pode servir de 
Memoria de tradución, e un arquivo .html coa tradución feita en 
Portugues, Frances e Español, algo moi util para tomar de referencia.

Sen mais, agardo que todo este lio do Firefox se resolva 
satisfactoriamente e saia para adiante. Si que penso que é moi 
importante resolver canto antes o tema da coordinación oficial de cara a 
Mozilla, xa que así as traducións que aporte o grupo recoñecido por 
Mozilla, constituirase como tradución oficial, algo importante a moitos 
niveles, xa non só a nivel practico de , senon de recoñecemento 
internacional do noso pais e da nosa lingua.

Por certo, comentar que son o responsable oficial da tradución do Joomla 
e agora estamos traballando na versión 1.5 beta. Estamos a recuperar 
cadeas das versións anteriores e tentando pasar unha tradución 
automática previa. Estase revisando tamen por parte de Reverso este 
traballo, e en breve estará no Entrans das Ciberirmandades a dispor para 
a que a comunidade bote unha mán a rematar o traballo. Xa avisamos.

Un saúdo
 próxima parte 

 próxima parte 
An embedded and charset-unspecified text was scrubbed...
Name: FireFox-1-5.po
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20061102/d89a2282/attachment.diff
 
[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao galego

2006-11-02 Conversa arribi
Moitas gracias Camilo. O voso traballo seranos de moita utilidade.

Cando teñades o Joomla avisade para darlle publicidade a través de 
mancomun.org

Saúdos.

J. Arribi

Camilo Regueiro wrote:
 Envio un traballo que tiñamos feito entre varios xa fai un tempo. É 
 unha tradución parcial (non se completara) do FireFox 1.5, feita por 
 Xusto Rodriguez (pertencente ao Servizo de Normalización da USC) e por 
 Xosé Antonio Rubal.
 Esta tradución estaba feita co MozillaTranslator e non fora completada 
 por unha serie de cuestións técnicas, pero o traballo feito, é 
 linguisticamente valido, xa que está feito por un profesional de 
 prestixio, como é Xusto.

 En Dimensiona iamos retomar este traballo feito por Anton e Xusto, e 
 xunto con Reverso iamos rematar esta versión. Eu tentei apuntarme como 
 coordinador da tradución en Mozilla. Lembrar que o primeiro 
 coordinador autorizado para o Mozilla fun eu mesmo, xa que xa tiña 
 realizado esta labor para a tradución do antigo Netscape 4.5 xunto con 
 Ramón Flores( o que chamamos XIS). Tamén fora o coordinador da 
 primeira versión do Milestone 14 feita por Galego21, xa que o Mozilla 
 foi o sucesor do Netscape Navigator, e cando o proxecto de Netscape 
 reconvertiuse eu tiña a representación oficial para o idioma galega 
 (tivera que asinar un contrato formal de compromiso, etc..). A 
 posteriori e dado que deixaramos de traballar no proxecto Mozilla, 
 Jacobo Tarrio pediume que lle dera paso no proxecto, e escribirin aos 
 de Mozilla, decindolles que lle pasaba o testigo a Jacobo, como así 
 foi durante un tempo.
 Ao que ia solicitara para a tradución do FireFox 1.5 a 
 coordinación, e lle escribin a Jacobo para retomar o tema, e foi cando 
 me comentou que existia o grupo do Galician Mozilla, e foi tamén como 
 vin todo o lio que habia con respecto á tradución do Firefox, polo que 
 tanto Xose Rubal como eu decidimos aparcar o tema e deixar ver como 
 remataba o asunto.
 Vendo que por fin se retoma de xeito mais ou menos encamiñado, adxunto 
 o material que tiñamos pendente de rematar ou de enviar ao grupo de 
 traballo que se constituira dun xeito algo constante.

 Ben, o que envio son dous arquivos. Un arquivo .po que pode servir de 
 Memoria de tradución, e un arquivo .html coa tradución feita en 
 Portugues, Frances e Español, algo moi util para tomar de referencia.

 Sen mais, agardo que todo este lio do Firefox se resolva 
 satisfactoriamente e saia para adiante. Si que penso que é moi 
 importante resolver canto antes o tema da coordinación oficial de cara 
 a Mozilla, xa que así as traducións que aporte o grupo recoñecido por 
 Mozilla, constituirase como tradución oficial, algo importante a 
 moitos niveles, xa non só a nivel practico de , senon de recoñecemento 
 internacional do noso pais e da nosa lingua.

 Por certo, comentar que son o responsable oficial da tradución do 
 Joomla e agora estamos traballando na versión 1.5 beta. Estamos a 
 recuperar cadeas das versións anteriores e tentando pasar unha 
 tradución automática previa. Estase revisando tamen por parte de 
 Reverso este traballo, e en breve estará no Entrans das 
 Ciberirmandades a dispor para a que a comunidade bote unha mán a 
 rematar o traballo. Xa avisamos.

 Un saúdo
 
 msgid 
 msgstr 
 Project-Id-Version: Traducion Mozilla Xusto-Anton\n
 POT-Creation-Date: 2003-05-20 12:17\n
 PO-Revision-Date: 2006-05-24 11:34+0100\n
 Last-Translator: Camilo Regueiro camilo.regueiro en dimensiona.com\n
 Language-Team: Anton-Xusto unknown\n
 MIME-Version: 1.0\n
 Content-Type: text/plain; charset=UTF-8\n
 Content-Transfer-Encoding: 8bit\n
 Plural-Forms: es\n
 X-Poedit-Language: Galician\n
 X-Poedit-SourceCharset: utf-8\n
 X-Poedit-Bookmarks: 14,-1,-1,-1,-1,-1,-1,-1,-1,-1\n

  msgid Add
  msgstr Engadir 
   
  msgid Bookmark all tabs in a folder
  msgstr Engadir aos marcadores todas as lapelas dun cartafol
   
  msgid Don't show this dialog again
  msgstr Non volver a mostrar este diálogo  
   
  msgid Create In amp;gt;amp;gt;
  msgstr Crear en amp;gt;amp;gt;   
   
  msgid Create In amp;lt;amp;lt;
  msgstr Crear en amp;lt;amp;lt;   
   
  msgid Use Default
  msgstr Empregar os valores por defecto 
   
  msgid New Folder...
  msgstr Novo cartafol...
   
  msgid Create in:
  msgstr Crear en:   
  
[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao

2006-11-02 Conversa arr...@cesga.es
Ola:

Realmente mancomun.org non vai traducir, senón revisar as traducións feitas,
unificar termos e tentar manter periodicidade na publicación das novas
versións. O ideal sería poder sacar a localización do firefox en galego o
mesmo día que saíra a versión en inglés ;-)

Saúdos.

J. Arribi

 Ola,
 non sabia eu que a traducion de Mozilla tivera tanta historia. Estou
 por escribir un libro sobre a tradución de software ó galego, seguro
 que ia ter unha manchea de páxinas ;-).

 Somos tantos e estamos en tantos grupos espallados e sen conexión nin
 relación, como será isto posible?

 Agardo que o dos grupos de tradución de Firefox se solucione
 rapidamente. Non sabia que ainda houbera outro grupo de persoas
 intentando traducir o Firefox. Cantos grupos houbo xa, catro? e agora
 Mancomun. Menuda feira imos montar :)

 Ata logo,
 Leandro Regueiro

 On 11/2/06, Camilo Regueiro camilo.regueiro en dimensiona.com wrote:
 Envio un traballo que tiñamos feito entre varios xa fai un tempo. É
 unha tradución parcial (non se completara) do FireFox 1.5, feita por
 Xusto Rodriguez (pertencente ao Servizo de Normalización da USC) e por
 Xosé Antonio Rubal.
 Esta tradución estaba feita co MozillaTranslator e non fora completada
 por unha serie de cuestións técnicas, pero o traballo feito, é
 linguisticamente valido, xa que está feito por un profesional de
 prestixio, como é Xusto.

 En Dimensiona iamos retomar este traballo feito por Anton e Xusto, e
 xunto con Reverso iamos rematar esta versión. Eu tentei apuntarme como
 coordinador da tradución en Mozilla.  Lembrar que o primeiro
 coordinador autorizado para o Mozilla fun eu mesmo, xa que xa tiña
 realizado esta labor para a tradución do antigo Netscape 4.5  xunto
 con Ramón Flores( o que chamamos XIS). Tamén fora o coordinador da
 primeira versión do Milestone 14 feita por Galego21, xa que o Mozilla
 foi o sucesor do Netscape Navigator, e cando o proxecto de Netscape
 reconvertiuse eu tiña a representación oficial para o idioma galega
 (tivera que asinar un contrato formal de compromiso, etc..). A
 posteriori e dado que
 deixaramos de traballar no proxecto Mozilla, Jacobo Tarrio pediume que
 lle dera paso no proxecto, e escribirin aos de Mozilla, decindolles
 que lle pasaba o testigo a Jacobo, como así foi durante un tempo.
 Ao que ia solicitara para a tradución do FireFox 1.5 a
 coordinación, e lle escribin a Jacobo para retomar o tema, e foi cando
 me comentou que existia o grupo do Galician Mozilla, e foi tamén como
 vin todo o lio que habia con respecto á tradución do Firefox, polo que
 tanto Xose Rubal como eu decidimos aparcar o tema e deixar ver como
 remataba o asunto. Vendo que por fin se retoma de xeito mais ou menos
 encamiñado, adxunto o material que tiñamos pendente de rematar ou de
 enviar ao grupo de traballo que se constituira dun xeito algo
 constante.

 Ben, o que envio son dous arquivos. Un arquivo .po que pode servir de
 Memoria de tradución, e un arquivo .html coa tradución feita en
 Portugues, Frances e Español, algo moi util para tomar de referencia.

 Sen mais, agardo que todo este lio do Firefox se resolva
 satisfactoriamente e saia para adiante. Si que penso que é moi
 importante resolver canto antes o tema da coordinación oficial de cara
 a Mozilla, xa que así as traducións que aporte o grupo recoñecido por
 Mozilla, constituirase como tradución oficial, algo importante a
 moitos niveles, xa non só a nivel practico de , senon de recoñecemento
 internacional do noso pais e da nosa lingua.

 Por certo, comentar que son o responsable oficial da tradución do
 Joomla e agora estamos traballando na versión 1.5 beta. Estamos a
 recuperar cadeas das versións anteriores e tentando pasar unha
 tradución
 automática previa. Estase revisando tamen por parte de Reverso este
 traballo, e en breve estará no Entrans das Ciberirmandades a dispor
 para a que a comunidade bote unha mán a rematar o traballo. Xa
 avisamos.

 Un saúdo
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao

2006-11-02 Conversa Daniel Muñiz Fontoira

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao

2006-11-02 Conversa Leandro Regueiro
Daniel, porque ultimamente respondes con mensaxes baleiras, eres un
bot ou algo asi?

Ata logo,
  Leandro Regueiro

On 11/2/06, Daniel Muñiz Fontoira dmunhiz en gmail.com wrote:

 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao galego

2006-11-02 Conversa arribi
Ola Leandro:

Gracias pola explicación. Tentaremos contactar novamente con Jacobo. O 
noso obxectivo é ter o Firefox e Thunderbird en galego normativo, 
sancionado polo TERMIGAL, e ir actualizando e dando soporte ás novas 
versións que vaian saíndo. É dicir, que os proxectos teñan continuidade.

Saúdos e gracias de novo.

J. Arribi

Leandro Regueiro wrote:
 Con respecto á traducion oficial. Jacobo foi o primeiro coordinador
 oficial. Un dia fartouse e decidiu darse de baixa. Enviou unha mensaxe
 e descontinuou o traballo, isto esta explicado na súa web.

 Posteriormente Mariando Grueiro e outra xente decidiu retomar a
 traducion. Crearon unha paxina web en mozdev e mais unha lista de
 correo, agora abandonada. Creo que intentaron contactar ca xente de
 mozilla, pero por problemas de axenda deixarono.

 Mais ou menos polo mesmo tempo, a xente de galego21 con ¿Roberto?
 Abalde á cabeza tamen se puxo a elo e conseguiron unha traducion
 completa que non pensaban publicar de xeito oficial ningun.

 A isto hai que sumar que Jacobo Tarrio continuou pola sua conta e
 publicou de xeito non oficial unha traducion para firefox 1.5 moi
 completa, incluindo a axuda. Posteriormente vendo que a cousa se
 reactivaba un pouco decidiu en principio comezar a traducion de
 thunderbird partindo do que levaba feito co firefox.

 Neste momento aparece xente que quere reactivar a traducion de Mozdev,
 xa que Jacobo non queria publicar a sua traducion de xeito oficial
 para non ter que tratar mais ca xente de mozilla, e tamen porque
 misteriosamente desapareceu galego21 e todo o traballo que fixeran.

 O coordinador de mozdev cedeu o paso a outro que intentou contactar
 con mozilla, pero eles dixeron que o coordinador era jacobo.
 Contactouse con jacobo para que intercedera por ultima vez e se
 solucionara o problema, xa que so pode haber un coordinador. Enviouse
 a solicitude de baixa, e en teoria aprobouse, enviouse unha solicitude
 de novo coordinador e intentaronse cumprir os requisitos, que son unha
 chea deles e que nunca entendin de todo. O novo coordinador por
 problemas de axenda imprevistos tivo que deixalo.

 Este ultimo equipo, xuntaria a toda a xente que estivera traballando
 por separado e partiriase da base do traballo feito por Jacobo,
 publicando todo en nome de Trasno. E aqui estamos.

 A min pareceme ben que alguen retome o proxecto, pero quen o colla que
 o colla para unha boa temporada e con intencion de manter a traducion
 actualizada e publicala oficialmente.

 Insistidelle a Jacobo, que tarde ou cedo ha contestar e havos dicir
 que collades a sua traducion e fagades con ela o que vos pete, pero
 que lle deixedes de dar a vara :)

 Omito intencionadamente o meu papel en todo isto. Prefiro non dar
 explicacions ;-)

 Ata logo,
   Leandro Regueiro

  Con respecto so do grupo de tradución de mozilla, moi mal, dame a impresión
 de que pasan de todo, por outra banda, quen ía ser o coordinador informou
 hai un mes mais ou menos que xa non podería facer esa labor, en definitiva,
 os de mozilla pasan olimpicamente e visto o panorama non me extraña que non
 quen colla o proxecto.
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao galego

2006-10-31 Conversa arribi
Ola a todos:

Acabamos de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao 
galego. Calquera usuario rexistrado no Entrans 
(http://www.mancomun.org/entrans/main.php) pode axudar na localización.

A tradución está parcialmente feita (67,2%) xa que foi importada do 
excelente traballo que fixera Jacobo Tarrío para a versión 1.5.x. 
Contactamos con el hai unhas semanas para coordinar o traballo pero 
aínda non tivemos resposta. Por certo, sabe alguén como está o tema da 
coordinación oficial coa xente de Mozilla?

Agradeceriamos que lle dérades publicidade nas vosas listas e contactos. 
Esperemos que esta nova iniciativa teña tan boa acollida como a da 
tradución da interface do OpenOffice 2.0.4.

Saúdos e gracias.

J. Arribi

[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao galego

2006-10-31 Conversa Daniel Muñiz Fontoira
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20061031/f5b069f8/attachment.htm
 
[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Firefox ao galego

2006-10-31 Conversa Leandro Regueiro