[G11n] Manual g11n - v0.9c

2009-03-11 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
varios comentarios:

* Nalgún sitio aparece lokalice e non lokalize que é o nome correcto
* O poedit si que ten integrado o corrector hunspell a traves de
gtkspell ainda que pode que nalgunhas versions ainda non se vexa tal
integracion, pero en todo caso si que rula con aspell como minimo (hai
que ir a ficheiro- preferencias-editor-corrección automatica da
ortografía para activalo) así que se pode corrixir a táboa, que xa
volo dixen hai meses.
* A información de contexto tamen se inclue mediante
comentario^mensaxe a traducir nalgúns proxectos e diria que noutros
sitios tamén usan outros sistemas (bendita etiqueta msgctxt)

Ata logo,
   Leandro Regueiro


[G11n] Manual g11n - v0.9c

2009-03-10 Conversa xesus.benitez.bale...@xunta.es


Boas,

É un prazer darvos conta da liberación oficial do Manual de Localización,
do que vos xunto PDF coa última versión, e que irá sendo complementada
cunha serie de anexos de recursos lingüísticos que vos iremos facendo
chegar nos próximos días a traverso da rolda.

Personalmente estou moi satisfeito co resultado; como veredes hai moito
traballo feito e tamén moito por fazer. Posto que se trata dunha obra
colectiva e aberta, quero animarvos a que o revisedes e a que fagades as
vosas achegas e comentarios. A estes efectos Antón será o responsabel
de ir recollendo as aportacións que vaiamos consensuando en público a
través desta rolda para integralas nas sucesivas revisións; non é unha
tarefa sinxela, polo que vos pedirei que o axudedes nese cometido.

En Cc: vai Susana Sotelo Docío, para facer explícito o recoñecemento que
merece, por ser ela a persona que conseguiu sintetizar a metodoloxía de
localización que sirve de base ao Manual e que estamos a levar a práctica
en Mancomún como resultado dos consensos do g11n.

Saúde,

--
Xesús Manuel Benítez Baleato  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   suso.baleato @ mancomun.org
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : Manual_localizar_09c.pdf
Tipo   : application/pdf
Tamaño : 2383211 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090310/46e814dc/attachment-0001.pdf
 


[G11n] Manual g11n - v0.9c

2009-03-10 Conversa mvillarino
 É un prazer darvos conta da liberación oficial do Manual de Localización,
 do que vos xunto PDF coa última versión, e que irá sendo complementada
 cunha serie de anexos de recursos lingüísticos que vos iremos facendo
 chegar nos próximos días a traverso da rolda.

Páxina 2, entrada de índice da páxina 31, ten un erro.


[G11n] Manual g11n - v0.9c

2009-03-10 Conversa Antón Méixome
mvillarino escribiu:
 É un prazer darvos conta da liberación oficial do Manual de Localización,
 do que vos xunto PDF coa última versión, e que irá sendo complementada
 cunha serie de anexos de recursos lingüísticos que vos iremos facendo
 chegar nos próximos días a traverso da rolda.
 

 Páxina 2, entrada de índice da páxina 31, ten un erro.
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

   
Certo, corrixido xa.

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867 // 881 999 113 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : Manual_localizar_09c.pdf
Tipo   : application/pdf
Tamaño : 3076732 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090310/cc3186f3/attachment-0001.pdf
 
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 855 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090310/cc3186f3/attachment-0001.vcf