[G11n] localización de teclas

2009-08-07 Conversa Antón Méixome

Na tradución da axuda de openOffice aparécenos a necesidade de traducir 
a tecla Command dos teclados para a plataforma de hardware MAC. 
Corresponde co signo que se ve a ambas bandas nesta imaxe.

http://www.planetamac.es/wp-content/uploads/2006/12/teclado.jpg

A miña dúbida é se se debe localizar ou non o nome desta tecla 
específica de Mac.

Para resumir, porque os manuais de localización de Mac non dan unha 
instrución clara:

- deixalo como Command, en inglés, xa que é unha tecla específica dun 
produto concreto, non estándar
- adaptalo do teclado Mac español (que é o que van ter os usuarios de 
oo.org) onde si aparece como Comando

Considero pouco usábel unha localización como «orde» malia que si se 
esteamos a aplicar sistematicamente a tradución de command como 
«orde». En portugués, por exemplo parece que non se traduce formalmente 
e os usuarios galegos habituais parece que lle chaman manzanita, en 
plan informal.

Propoño a tradución como «Tecla Comando» da mesma maneira que cando se 
trata de Bloq Mayús (Caps lock) a localizamos como Bloq Maiús.

-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 meixome @ mancomun.org

 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : meixome.vcf
Tipo   : text/x-vcard
Tamaño : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090807/ce060d48/attachment.vcf
 
[G11n] localización de teclas

2009-08-07 Conversa Leandro Regueiro
2009/8/7 Antón Méixome meixome en mancomun.org:

 Na tradución da axuda de openOffice aparécenos a necesidade de traducir a
 tecla Command dos teclados para a plataforma de hardware MAC. Corresponde
 co signo que se ve a ambas bandas nesta imaxe.

 http://www.planetamac.es/wp-content/uploads/2006/12/teclado.jpg

 A miña dúbida é se se debe localizar ou non o nome desta tecla específica de
 Mac.

 Para resumir, porque os manuais de localización de Mac non dan unha
 instrución clara:

 - deixalo como Command, en inglés, xa que é unha tecla específica dun
 produto concreto, non estándar
 - adaptalo do teclado Mac español (que é o que van ter os usuarios de
 oo.org) onde si aparece como Comando

 Considero pouco usábel unha localización como «orde» malia que si se
 esteamos a aplicar sistematicamente a tradución de command como «orde». En
 portugués, por exemplo parece que non se traduce formalmente e os usuarios
 galegos habituais parece que lle chaman manzanita, en plan informal.

 Propoño a tradución como «Tecla Comando» da mesma maneira que cando se trata
 de Bloq Mayús (Caps lock) a localizamos como Bloq Maiús.

Eu penso que dado que a maioría da xente vai ter como referencia o Mac
en español, xa que os de Apple non están interesados para nada no
galego, proporía traducilo como se lle chame en castelán, ou se é
necesario adaptalo un chisco. Outra razón máis abaixo.

Por outra banda eu sigo sen ver claro o de traducir command como orde,
e por exemplo no digalego xa aceptan command=comando
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=16324

Ata logo,
Leandro Regueiro

[G11n] localización de teclas

2009-08-07 Conversa Leandro Regueiro
2009/8/7 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com:

Esquecerame, dende o meu punto de vista, sexa correcto ou non, o feito
de que comece a aparecer en dicionarios é algo.

Ata logo,
 Leandro regueiro