cartafol - directorio

2008-06-19 Conversa damufo

Boas:
Alguén coñece a diferencia entre cartafol e directorio? existe?
Dame a impresión de que as veces se usan de forma indistinta.
Saúdos


base de datos ou banco de datos

2008-06-19 Conversa Dani

Ola:
Outra dúbida
database: base de datos ou banco de datos ?
Saúdos



Re: cartafol - directorio

2008-06-19 Conversa Xosé
On Thursday 19 June 2008 17:42:34 damufo wrote:
 Boas:
 Alguén coñece a diferencia entre cartafol e directorio? existe?
 Dame a impresión de que as veces se usan de forma indistinta.
 Saúdos
Son o mesmo. Directorio emprégase cando nos referimos ao sistema de ficheiros. 
Cartafol cando nos referimos á abstracción nos contornos de escritorio, que se 
representa, precisamente, cunha icona dun cartafol.

Xosé