Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-25 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola a tod@s e en especial a Susana Sotelo,

Por recomendacións de JMCS (socio de Trasno) acabo de compilar a nova
versión do LanguageTool dende un checkout do cvs.

Logo de compilalo en Ubuntu Karmic con unha serie de erros de sinxela
solución (unhas bibliotecas java que se instalan co paquete ure e que
hai que situar en libs/ooo) obtiven o LanguageTool.jar e o
languagetool.oxt novos.

Xa o día 10 de outubro fixen unha versión empaquetada do mesmo sen moita
dificultade e comprobei que funcionaba perfectamente en oOo e co idioma
en galego.

Teño accesíbel o paquete para openoffice no meu ppa en launchpad:

https://edge.launchpad.net/~frandieguez/+archive/mabishu

está comprobado que funciona con Ubuntu Jaunty, Karmic (a nova release)
e máis en Debian Sid. Mais a miña intención é que funcione sempre na
última versión estábel dos sistemas operantes baseados en Debian.

Agora mesmo estou mirando a creación de paquetes para a versión
standalone para a liña de ordes, que tamén estará no meu repositorio.
Isto o que facilitará é a creación de scripts que empreguen as
funcionalidades de este aplicativo.

Sei que Susana Sotelo, que tiven o pracer de coñecer nas xornadas da
USC, está na rolda de g11n.net e é a autora da parte de galego e español
do mesmo. Pregaríache, Susana, que se pode ser cando haxa un cambio
significativo me avisaras neste mesmo enderezo para así xerar un novo
paquete actualizado. Realmente lévame máis tempo andar a mirar o
repositorio todos os días que xerar o paquete e subilo ao repositorio.

Aproveito para explicar tamén que neste mesmo repositorio está o
corrector ortográfico hunspell-gl-es feito por Miguel Solla (que vai
realmente ben), o paquete de openoffice Exeria (mellorado por min para
que se instale automaticamente no ooo sen necesitar intervención) e
tamén a extensión hyphenation-gl-es que empaquetei eu tamén.
O principal propósito deste repositorio é a inserción de ferramentas
lingüísticas que poidan ser de axuda tanto a usuarios sen coñecementos
informáticos como a usuarios avanzados. Sempre claro coa premisa que
teña unha licenza aceptada pola Open Source Iniciative.
Por suposto calquera achega/suxestión/queixa será ben recibida. Ben esta
última non tanto :P

Saúdos.

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrja4EACgkQmLtmJqKk+bjunQCgilcfhYgWNWW0jhePhUm77Hlo
ktYAn3gQlrb3TOmroWu9Mh7oVik+IrBd
=vAQo
-END PGP SIGNATURE-


Re: presentación

2009-10-25 Conversa damufo

Benvido Javier Rial.

Leandro Regueiro escribiu:

Son Javier Rial, e preséntome en Trasno como membro voluntario para
traducir o que poida cando poida.
Non vou explicar agora o meu pasado, algúns me coñeceredes, outros non.
Outro día, se podo mando outro mail indicando en que proxectos estiven
colaborando anteriormente.

Actualmente, pretendo colaborar na tradución de Mozilla e OpenOffice.org
ao galego, alén doutros proxectos, sobre todo a través de Launchpad.

Creo que case todos sabemos ben quen és, ou polo menos sabemos do teu
traballo.


Benvido Javier Rial. Aproveito para agradecerche o teu traballo de
tradución nos proxectos que levaba Mancomún e nos que ti participaches
durante moito tempo.


Idem


Ata logo,
Leandro Regueiro




Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-25 Conversa marce
O Sábado, 24 de Outubro de 2009 23:02:57 Fran Dieguez escribiu:
 Sei que Susana Sotelo, que tiven o pracer de coñecer nas xornadas da
 USC, está na rolda de g11n.net e é a autora da parte de galego e español
 do mesmo.

Olá,

Hai algunha canle oficial para comunicar erros, melloras e prantos no soporte 
do galego no LanguageTool ?

Tense pensado adaptar as regras do golfiño para o LT?

Podería axudar?


signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.


Re: [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-25 Conversa José Manuel Castroagudín Silva
2009/10/24, José Manuel Castroagudín Silva chavescesu...@gmail.com:
 2009/10/24, marce mvillar...@gmail.com:
 O Sábado, 24 de Outubro de 2009 17:32:11 José Manuel Castroagudín Silva
 escribiu:
 cunha GUI, en liña de ordes, proporcionándolle un ficheiro, e tamén a

 A versión que le de stdin sería a que habería que probar co msgexec

 polo visto. Acabo de atopar as regras para o galego (son só tres
 regras? terei que seguir buscando), que parece que no paquete que
 proporcionan eles non vai incluído.

 ? Non pode ser, eu collín as fontes . distribúen eles algún
 paquete?

 http://www.languagetool.org/download/LanguageTool-0.9.9.oxt

 Ese é para OOo 3.0.1 or later. As descargas están na páxina
 principal (http://www.languagetool.org/). Teñen outra versión para OOo
 3.0.0.

 Despois descarguei as fontes, e vin que xa se está integrando o galego
 (nese paquete non hai rastro del). Así que fixeches ben en ir ás
 fontes, vaia.



 Ah, e tamén funciona como unha extensión de OpenOffice (de feito,
 ... de feito é unha das alternativas que se barallan para servir de motor
 de
 serie para a corrección gramatical en Oo.org.

 Pois... mola. Agora terei que reler as crípticas mensaxes que mandou
 Marce no seu momento (espero que agora me entere de algo, jeje). Así
 de memoria... había unha onde comentabas que fixeras algo co
 pology+apertium ? Ben, si, terei que reler todas de novo.

 Pois si, pology consiste nunha serie de scripts, todos eles documentados

 Realmente é bastante máis. De serie leva incluídos uns scripts, pero
 sería fácil (de feito, case me da gana de facelo) facer un que
 comprobe un .po, o pase por huspell, colla os pares de msgid-msgstr
 que teñan fallos, os meta nun ficheiro temporal, o abra co editor que
 lle digamos, e ao acabar faga un merge co orixinal... Podería ser útil
 de carallo...


Parcialmente relacionado:

http://code.google.com/p/pyhunspell/wiki/UsingPyHunspell

Parece algo limitado (parece que só pode traballar palabra a palabra),
pero funcionar funciona (cando non rebenta, claro):

jchaves@amilo:~/soft/lingua/pyhunspell$ python
Python 2.5.4 (r254:67916, Sep 26 2009, 08:19:36)
[GCC 4.3.4] on linux2
Type help, copyright, credits or license for more information.
 import hunspell
 a=hunspell.HunSpell('/usr/share/myspell/dicts/gl_ES.dic', 
 '/usr/share/myspell/dict/gl_ES.aff')
 a.spell('hola')
False
 a.suggest('hola')
['halo', 'gola', 'ola']
*** glibc detected *** python: free(): invalid next size (fast): 0x089c52c8 ***

(...morte...)


Aí queda, como nota mental e para quen queira botarlle un ollo


 (abondo como para aprender a empregalos lendo a documentación),
 -un deles permite facer tradución automática empregando apertium
 (pomtrans)
 -outro permite empregar subscripts: posieve
   --un subscript permite empregar LanguageTools (check-grammar)
   --outro permite corrixir a ortografía a través de enchant, e polo tanto
 de
 hunspell (check-spell-ec)
   --outro permite comprobar que as etiquetas xml estexan correctas
 (check-
 docbook4 e check-xml-kde)

  -- e check-rules é como o anel ese que  un tal Frodo Bolsón estivo
 durante
 tres anos tentando destruír: permite aplicar todo á vez

   --bad-patterns é como unha versión lixeira do anterior.


 Aproveito xa de paso para recordar a existencia do programa msgexec
 (man msgexec), que creo que vai dentro das gettext tools, e que
 permite, por exemplo, facer cousas como:

 msgexec -i gl.po hunspell -a

 A saída non é similar, a de pology está moito máis traballada para ser de
 utilidade para persoas.
 http://mailinglist.lxde.org/pipermail/translation/2009-October/000389.html

 Si, a capacidade de abstracción deste framework (véxase o cacho de
 código que vou pegar despois), ven de pm para traballar. O feito de
 coller e facer un system( hunspell -a msg.msgstr) (ou equivalente en
 python, escribo de memoria e téñoo algo esquecido), e despois coller o
 msg completo e pasalo a outro lado, está de PM.

 cat = Catalog(hello.pot, create=True, truncate=True)
 msg = Message()
 msg.msgid = uHello, world!
 cat.add(msg)
 cat.sync()


 Eu o msgexec úsoo para, usando greps, sacar unha lista de palabras
 erróneas. Despois, coa lista diante e o poedit aberto, vou revisando
 (Control+F, e tal). Pero estas ferramentas poden vir caralludamente...

 Que vos parecería abrir un fío para comezar unha chuvia de ideas
 sobre cousas que estaría ben facer (por exemplo, o script que dixen
 arriba)? Non me comprometo a nada, pero se cadra cando ande menos
 liado, podería intentar facer realidade algunha delas...

 --
 Saúde,

 Chaves - http://chav.es



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es


Re: Un Novo

2009-10-25 Conversa Leandro Regueiro
Reenvío á rolda, por favor responde na rolda

2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal bassbal...@gmail.com:
 Ola, boas de novo. Primeiro vou leer as ligazóns postas polo compañeiro
 Antón, porque polo que vexo vaime levar un ratiño leelaspero non hai
 problema que estes días seica vai chover por estas terras.

 Cando ás teña lidas , se teño algunha duda xa vós comento.

 2009/10/23 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2009/10/23 Anxo Outeiral Vidal bassbal...@gmail.com:
  Teño unha errata no meu texto, cando puxen administrador de sistemas
  informáticos trabuqueime, e quería poñer técnico de desenvolvemente de
  aplicación informáticas.
 
  Boas Leandro, pois coma aínda non estou metido no mundillo este, supoño
  que
  terei que comezar por cousas pequenas, e logo ir avanzando a programas
  xa
  máis amplos, máis adiante se é posíbel a proxectos.

 Envio a resposta á rolda de Trasno


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



 --
 Un saúdo!



Re: Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-25 Conversa Suso Baleato
Miguel Branco escrebeu:
 
 O Sábado 24 Outubro 2009 00:34:03 Suso Baleato escribiu:
 
 Trasno non ten problema ningún nin a título persoal nin colectivo coa xente 
 de 
 Ciberirmandades. 
 

A impresión é xustamente a contraria, cuestionando e criticando constantemente 
o traballo dos demais tanto no proceso de desinstitucionalización iniciado hai
meses como agora na posta en marcha dunha alternativa diante do proceso de
desmantelamento de Mancomún.

Cada quen debe ir ao seu ritmo, pero personalmente esperaba bastante máis de
Trasno. Teño a esperanza de que esa liña destructiva se rectifique pronto e
de feito o cambio de tono das túas mensaxes lévame a pensar que pode estar
sendo así xa. 

 
  Polo momento os únicos que o fixeron foron os da Ciberirmandade, e
   realmente non entendo por qué dende Trasno estades reaccionando de forma
   tan agresiva, cuestionando todo o que propoñen e negándovos en redondo a
   participar no que fan, en vez de xuntar esforzos co resto da xente que é a
   única resposta razonable. 
 
 O que estou a facer é preguntar a quen é oficialmente responsable nos 
 proxectos que mencionei acerca deses proxectos. Hai xente en trasno que 
 participa neses proxectos dende hai tempo así que é lóxico que o faga. 
 

En realidade, é bastante extraña esta actitude, non me parece propia de tí.
Non é Trasno quen participa neses proxectos senón que somos personas 
voluntarias que o facemos a título individual. Lóxicamente podemos pertencer
a Trasno... igual que podemos ser afiliados da CIG ou ter o carné do Real 
Madrid. Mais como comprenderás, por moitos afiliados do Real Madrid que haxa
traballando en Mozilla ou calquera outro proxecto, Florentino Pérez non
ten ningunha lexitimidade para decirnos o que temos que fazer.

Se o que queres é actuar como presidente de Trasno, paréceme estupendo, mais
eu non son presidente de nada; en todo caso con quen estaría ben que falaras 
sería co presidente da Ciberirmandade, que non sei quen é pero supoño que será
o Minhoca. Insisto en que eu non son voceiro de nada nin de ninguén. E como
voluntario do software libre, aproveito para chamar a túa atención sobre o
feito de que Trasno aínda non se posicionara públicamente contra a política
destructiva do Partido Popular, contra a nosa língua e contra os proxectos de
software libre que están sendo desmantelados progresivamente.

 A título persoal, como non estiven presente no que logo vimos como se lle 
 chamou g11n3 non podo valorar sobre dos motivos que vos, ou quen sexa que 
 estivera nesa reunión, a tomar cada unha das decisións que logo comunicastes. 
 Pero, a xulgar polo que de momento estou vendo os servizos que estivestes 
 activando son pouco menos que unha reduplicación do que había na na 
 comunidade 
 (p.ex o foro) ou innecesario (p.ex. un servidor propio de IRC). Se a 
 pretensión era que a comunidade se sumara a eses servizos, ofrecer os 
 servizos 
 que estimedes e logo pretender que a xente os acepte de facto, non é unha 
 estratexia adecuada. 
 

Eu tamén podería poñerme a valorar o que fan os demais. Criticar é fácil. O
difícil é fazer o esforzo preciso para superar os proprios prexuízos e tender
pontes de colaboración coa xente que opina distinto ca nós. A xente da
Ciberirmandade fixo ese esforzo e personalmente penso que en Trasno
deberíades reconsiderar esa postura de confrontación e aceitar que hai outros
xeitos distintos, mais igual de válidos, de colaborar e organizar as tarefas
de galeguización: especialmente no que se refire a involucrar a xente nova
que -na miña opinón- é o grande problema estructural que deberemos afrontar 
colectivamente unha vez resolta a crise causada polo desmantelamento de 
Mancomún.

Polo momento, o único colectivo que fixo propostas a ise respeito e que foi 
capaz
de levalas adiante foi a Ciberirmandade:

http://www.g11n.net/

E penso que xa vai sendo hora de que Trasno poña enriba da mesa as súas
propostas para valoralas e discutilas entre todos, a igual que está a fazer a
Ciberirmandade.

 
   E por certo que a este respeito o tono
   autoritario, imperativo e ameazante dos teus correos sobra: eu non son
   ningún subordinado teu, eiquí estamos todos por igual e se queres axudar
   adiante, xa sabes que tes abertas as portas das roldas oficiais para
   colaborar, igual que o resto da xente.
 
 Penso que falei en todo momento con respecto. Fun crítico e taxativo, pero é 
 a 
 miña función a a partir de agora, mediar nos intereses dos asociados de 
 trasno. 
 
   O Venres 23 Outubro 2009 20:38:48 Suso Baleato escribiu:
Boas Miguel,
   
Graciñas pola túa mensaxe. As cuestións que teñas referidas a g11n.net
 debes dirixilas á súa rolda comunitaria eu non son voceiro nin nada
polo estilo; confírmoche que xa non dirixo Mancomún (rescindiron o meu
contrato) e que a labor de coordenación dos proxectos de localización é
algo que fago voluntariamente. En canto á rolda a última vez que mirei
había algo máis de trinta personas, que é unha 

Re: [Comunidade] [gramática] pology + LanguageTool operativo

2009-10-25 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Olá!

 Supoño que será cousa da política predefinida de Debian ou Ubuntu (que non
 coñezo) pero, ten sentido manter dous paquetes diferenciados para a versión 
 GUI
 e a que funciona en liña de ordes?
Non falo de facer dous paquetes senón de un único paquete que instale a
interface por liña de ordes e a intergace GUI accesíbeis dende o menu
principal do sistema (aka. for doomies).
Polo que levo mirado para chamalo dende liña de comandos emprega un jar
distinto ao do que emprega a GUI polo que deben ser dúas ordes distintas.

 E o máis importante: grazas outra vez polo teu traballo, seguro que lle
 facilitas a vida a moita xente con eses paquetes.
 
De nada, grazas a ti polo traballo
 Un saúdo,
 Susana.


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrkuhYACgkQmLtmJqKk+bg0uQCeJrT9x1IqwSEYHfhMT4RW7M1d
nOkAn2INS495SPXP3noYEeL6z6o9mG1v
=XWVO
-END PGP SIGNATURE-


Re: Sobre a coordenación de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME

2009-10-25 Conversa Leandro Regueiro
 Trasno non ten problema ningún nin a título persoal nin colectivo coa xente 
 de
 Ciberirmandades.

 A impresión é xustamente a contraria, cuestionando e criticando constantemente
 o traballo dos demais tanto no proceso de desinstitucionalización iniciado hai
 meses como agora na posta en marcha dunha alternativa diante do proceso de
 desmantelamento de Mancomún.

Cuestionamos decisións que se tomaron sen a nosa participación, e iso
non debería ser problema ningún. Se estiveramos na discusión tamén é
posible que tiveramos cuestionado a necesidade de certas accións. E
criticamos o feito de que non se contara connosco se a idea era facer
algo comunitario. E non che hai nada de malo en criticar, como se fora
malo.

 Cada quen debe ir ao seu ritmo, pero personalmente esperaba bastante máis de
 Trasno. Teño a esperanza de que esa liña destructiva se rectifique pronto e
 de feito o cambio de tono das túas mensaxes lévame a pensar que pode estar
 sendo así xa.

Non estamos en ningunha liña destructiva, estamos pedindo explicacións
que non se nos dan. E non sei que esperabas de nós, a todo isto.

 Polo momento os únicos que o fixeron foron os da Ciberirmandade, e
  realmente non entendo por qué dende Trasno estades reaccionando de forma
  tan agresiva, cuestionando todo o que propoñen e negándovos en redondo a
  participar no que fan, en vez de xuntar esforzos co resto da xente que é a
  única resposta razonable.

 O que estou a facer é preguntar a quen é oficialmente responsable nos
 proxectos que mencionei acerca deses proxectos. Hai xente en trasno que
 participa neses proxectos dende hai tempo así que é lóxico que o faga.

 En realidade, é bastante extraña esta actitude, non me parece propia de tí.
 Non é Trasno quen participa neses proxectos senón que somos personas
 voluntarias que o facemos a título individual. Lóxicamente podemos pertencer
 a Trasno... igual que podemos ser afiliados da CIG ou ter o carné do Real
 Madrid. Mais como comprenderás, por moitos afiliados do Real Madrid que haxa
 traballando en Mozilla ou calquera outro proxecto, Florentino Pérez non
 ten ningunha lexitimidade para decirnos o que temos que fazer.

 Se o que queres é actuar como presidente de Trasno, paréceme estupendo, mais
 eu non son presidente de nada; en todo caso con quen estaría ben que falaras
 sería co presidente da Ciberirmandade, que non sei quen é pero supoño que será
 o Minhoca. Insisto en que eu non son voceiro de nada nin de ninguén. E como
 voluntario do software libre, aproveito para chamar a túa atención sobre o
 feito de que Trasno aínda non se posicionara públicamente contra a política
 destructiva do Partido Popular, contra a nosa língua e contra os proxectos de
 software libre que están sendo desmantelados progresivamente.

Non entendo a que ven esa crítica cando xa se dixo que membros de
Trasno participaron nas campañas da CIF. Por outra parte dado a
heteroxeneidade de opinións vexo pouco probable que a asociación
critique a ningún goberno, e ademais a asociación non se creou para
criticar a ninguén, senón para axudarlle aos tradutores voluntarios a
realizar o seu labor.

 A título persoal, como non estiven presente no que logo vimos como se lle
 chamou g11n3 non podo valorar sobre dos motivos que vos, ou quen sexa que
 estivera nesa reunión, a tomar cada unha das decisións que logo comunicastes.
 Pero, a xulgar polo que de momento estou vendo os servizos que estivestes
 activando son pouco menos que unha reduplicación do que había na na 
 comunidade
 (p.ex o foro) ou innecesario (p.ex. un servidor propio de IRC). Se a
 pretensión era que a comunidade se sumara a eses servizos, ofrecer os 
 servizos
 que estimedes e logo pretender que a xente os acepte de facto, non é unha
 estratexia adecuada.

 Eu tamén podería poñerme a valorar o que fan os demais. Criticar é fácil.

E de feito estalo facendo.

 O
 difícil é fazer o esforzo preciso para superar os proprios prexuízos e tender

En Trasno non hai prexuízos ningúns.

 pontes de colaboración coa xente que opina distinto ca nós. A xente da
 Ciberirmandade fixo ese esforzo e personalmente penso que en Trasno
 deberíades reconsiderar esa postura de confrontación e aceitar que hai outros

Confrontación?

 xeitos distintos, mais igual de válidos, de colaborar e organizar as tarefas
 de galeguización: especialmente no que se refire a involucrar a xente nova
 que -na miña opinón- é o grande problema estructural que deberemos afrontar
 colectivamente unha vez resolta a crise causada polo desmantelamento de 
 Mancomún.

 Polo momento, o único colectivo que fixo propostas a ise respeito e que foi 
 capaz
 de levalas adiante foi a Ciberirmandade:

Claro, Trasno non leva 10 anos traducindo software libre, iniciando a
novos tradutores e mantendo traducións. Lémbroche que dous dos
proxectos que ti coordinas e que puxeches nese g11n foron levados
durante anos por xente de Trasno.

 http://www.g11n.net/

 E penso que xa vai sendo hora de que Trasno poña enriba da mesa as 

Re: posibles erros na traducion en ubuntu

2009-10-25 Conversa Leandro Regueiro
2009/10/24 Fran Dieguez lis...@mabishu.com:
 -BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
 Hash: SHA1

 José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
 E, na captura do conserxe do sistema, aparece desinstar en vez de
 desinstalar. Xa o cambiei, jeje

 2009/10/24, Enrique Estévez keko...@gmail.com:
 Boas.

 Hoxe vin que no meu Ubuntu, na Karmic hai cousas sen traducir. Ao
 mellor é que me falta instalar algo a maiores, pero co que trae de
 base apareceme o seguinte.

 No aplicativo monitor de sistema, no menú axuda, en ver de sobre
 aparece acerca. E creo que tamén aplicación en ver de aplicativo.

 Despois adxunto dúas capturas sobre outros.

 Saúdos.



 Cool!

Este fío debería estar na rolda de tradución de *buntu


Re: [Nomes das teclas]

2009-10-25 Conversa Leandro Regueiro
2009/10/22 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Pois veña. A miña idea é comezar discutindo cinco teclas e logo ir
 aumentando a medida que cheguemos a acordos. A orde é a do PDF (cuxo autor xa
 foi mencionado na lista se ben non o atopei no documento).

Aquí hai unha pequena lista de teclas:
http://www.scribd.com/doc/2920316/Borrador-da-Guia-de-estilo-para-a-localizacion-de-software


Re: [Nomes das teclas]

2009-10-25 Conversa Miguel Bouzada
2009/10/25 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2009/10/22 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  Pois veña. A miña idea é comezar discutindo cinco teclas e logo ir
  aumentando a medida que cheguemos a acordos. A orde é a do PDF (cuxo
 autor xa
  foi mencionado na lista se ben non o atopei no documento).

 Aquí hai unha pequena lista de teclas:

 http://www.scribd.com/doc/2920316/Borrador-da-Guia-de-estilo-para-a-localizacion-de-software
 xa nun correo anterior documentei que iso mesmo está para descarga aquí:


http://gruvi.galpon.org/arquivos/trasno/2920316-Borrador-da-Guia-de-estilo-para-a-localizacion-de-software.pdf


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.




-- 
Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
.ppt, .pptx

Calquera documento que non sexa conforme ós estándares internacionais ISO
(ODF -odt, odp, ods etc.-, PDF, ...) hanse enviar directamente ó lixo :/

Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
galpon_min...@conf.jabberes.org