Re: tradución de android

2016-01-13 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Non credes que deberiamos aproveitar a memoria para usala na tradución de
CyanogenMod? Supoño que os usuarios desta ROM apreciarán ter a mesma
terminoloxía nos seus trebellos que nos oficiais de Google, non credes?
Pode que haxa cadeas que non coincidan e demais, pero supoño que o 90 % do
contido para traducir en CyanogenMod pódese sacar do tmx que fixo Leandro.
É unha mágoa porque acabo de entrar no Crowdin e vin que está traducido ao
completo, que só queda aprobar as traducións, pero bueno, máis vale tarde
ca nunca...

El mié., 13 ene. 2016 a las 17:28, Antón Méixome ()
escribió:

> O 13 xaneiro 2016 09:25, Leandro Regueiro 
> escribiu:
> > Non entendo cal é o problema coas ramificacións. Se xeramos o TMX para
> > unha versión específica de Android só teriamos que traballar cunha
> > ramificación, e ata onde eu vexo só hai traducións ao galego neses
> > dous directorios.
>
>
> Claro,
>
> Co problema da ramificación non me refiro ás distintas "releases"
> senón a que os ficheiros de idioma están repartidos no repositorio de
> código fonte por todos os cartafoles do sistema, non están nun
> cartafol específico como estamos afeitos en Gnu/Linux.
> Supoño que tiraches de consola para reunilos
> ___
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
___
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Re: Android en galego

2014-10-15 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Eu intentei buscar polo código de Google mais tampouco atopei nada. Sería
interesante poder crear unha memoria aliñando as cadeas orixinais coa
localización ao galego para poder empregala na localización de CyanogenMod.
Actualmente está no 42 % e con esa memoria seguramente poderíamos chegar ao
80 ou 90 % para que se aplicase xa na seguinte versión que lancen de
Cyanogen.

O 15 outubro 2014 22:08, Antón Méixome cert...@certima.net escribiu:

 @Leandro
 Mira a ver ti que eu non son capaz

 http://grepcode.com/file/repository.grepcode.com/java/ext/com.google.android/android/5.L_preview/META-INF/MANIFEST.MF?av=f

 Creo que é unha réplica directa

 O 15 outubro 2014 21:51, Antón Méixome cert...@certima.net escribiu:
  A min na práctica lémbrame moito á etapa de OpenOffice.org en Sun. Na
  licenza era libre pero a participación da comunidade e o feito de ter
  gran parte con cousas de Java e outras, creaba moitas suspicacias.
  Ben, de feito a idea de crear unha fundación para a comunidade de
  OpenOffice.org que fixese de contrapeso ás decisións (ou silencios de
  anos) de Sun foi unha arela sempre presente ata que logo pasou o que
  pasou, pero vamos Android é tan software libre como poida selo o
  servidor Apache, creo eu, o kernel é o de Linux, coa súa licenza e
  tamén é certo que ten parte do código totalmente privado. En fin, un
  mix.
 
  O 15 outubro 2014 21:31, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com
 escribiu:
  O 15 outubro 2014 21:29, Xabier Villar xabier.vil...@gmail.com
 escribiu:
  Do que eu teño mirado, a base si e libre (Android Open Source Project,
  AOSP). A maiores, nas versions de Google inclúen ad Google Apps, que
 non o
  son. Con todo, para poder compilar creo que precisa de compoñentes non
  libres, algo polo estilo do firmware preciso para alguns controladores.
  Supoño que dende unha perspectiva estricta, se non se pode obter un
  resultado funcional sen depender de partes pechadas, se pode defender
 que
  como proxecto non e realmente libre., polo menos non ao 100%.
 
  Eu vexoo como libre, pero non deixa de rincharme o detalle
 
  Vale, debín ter preguntado se as traducións son libres, que ao final é
  o que me interesa.
 
  Deica
 
  El 15/10/2014 20:18, Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com
  escribió:
 
  O 15 outubro 2014 19:12, Antón Méixome cert...@certima.net
 escribiu:
   Unha piruleta enorme para a lingua hoxe
  
   http://mallandonoandroid.com/blog/2014/10/15/android-en-galego/
  
   Digo o de piruleta entre comiñas porque segundo o DRAG non existe
 e
   tamén porque será a partir da versión Lollipop, a 5 logo
 
  Teño algunhas dúbidas, é software libre? onde están as traducións ao
  galego para ver de crear unha memoria de tradución?
 
  Deica
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Localización de CyanogenMod

2014-06-16 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Ola, Antón.

Pola miña parte estiven buscando ficheiros terminolóxicos de traducións de
Android ao galego pero non atopei ningún. Sei que hai terminais que o teñen
dispoñible (varios de Samsung, por exemplo) e sei que Google está a
traballar nunha versión en galego, pero creo que non hai nada público (o
polo menos eu non atopei nada) así que, de momento, eu sigo as directrices
xerais de Trasno.

Toda colaboración é máis que benvida! :)

2014-06-16 9:28 GMT+02:00 Antón Méixome cert...@certima.net:

 2014-06-15 14:00 GMT+02:00 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com:
  Ola a todos e a todas.
 
  Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
  galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o
  proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
  localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor:
  antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.
 
  O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl
 
  Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.
 
  Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.
 
  --
  Isaac Álvarez Veiga
  Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
  Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
 
 Ola Isaac

 Molestia? Todo o contrario.
 Estades a facer un enorme esforzo que quero agradecer. Oxalá puidese
 dedicarlle algo de tempo pero como estou a cargo de LibreOffice e teño
 en espera unha boa tacada de tradución de novo pois farei o que poida.
 Acabo de solicitar a alta.

 O que si podería e botarvos unha man coa revisión ou con harmonización
 de criterios de tradución.

 Que guía utilizades? Tedes algún ficheiro de terminoloxía no que
 basearvos? Aproveitades as traducións que fixo a empresa R ou as que
 están feitas (creo) en Google? E que non vexo na zona de discusións
 ningunha referencia.

  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Localización de CyanogenMod

2014-06-15 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Ola a todos e a todas.

Escribínvos hai tempo para colaborar coa localización do CyanogenMod ao
galego, proxecto que estaba aloxado en Transifex. Hai uns meses mudaron o
proxecto a Crowdin, desde onde levamos traballando catro persoas na
localización. É bastante traballo, polo que, cantos máis sexamos, mellor:
antes acabamos e máis ollos para asegurarnos que non haxa problemas.

O enderezo web é este: https://crowdin.net/project/cyanogenmod/gl

Toda colaboración, sexa pequena ou grande, será máis que benvida.

Un saúdo a todos e desculpade polas molestias.

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Tradución CyanogenMod

2014-04-21 Conversa Isaac Álvarez Veiga
 
 listProxecto@trasno.nethttp://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
Estudante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Tradución CyanogenMod

2014-02-05 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Hoxe activaron a opción do galego en Transifex.
Irei traducindo cando poda, sodes benvidos a rexistrarvos e solicitar a
colaboración.
Aquí tendes a ligazón:
https://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/language/gl_ES/

Un saúdo a todos!

2014-01-30 Antón Méixome cert...@certima.net:

 A propósito, interesantísimo artigo sobre o traballo en marcha de
 Softastur e Cyanogen

 Íñigo Varela: Descargar y instalar la ROM pa tener el nuesu móvil
 Android en llingua asturiana va ser mui fácil

 http://www.asturies.com/node/24670

 2014-01-29 Miguel Branco mgl.bra...@gmail.com:
  Xenial!. Tampouco caera eu na localización de Cyanogen.
 
  Polo que vexo, o subido en transifex é a tradución oficial no proxecto.
  Espero que aproben o grupo e axudo tamén a chiscos.
 
  2014-01-28 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com
 
  Ola a todos e a todas:
 
  Hoxe dispúxenme a instalar CyanogenMod no meu dispositivo, coa sorpresa
 de
  que non está localizado ao galego. Despois de buscar un pouco pola súa
  páxina, nin sequera hai un proxecto de localización deste sistema
 operativo
  móbil ao galego.
 
  Eu intentarei traducir o que poida, mentres teña tempo.
  Para os interesados, nesta ligazón tedes a guía (en inglés) do proceso
 de
  tradución (aínda que para o meu gusto explica moi poucas cousas).
 
  Atopei tamén este proxecto de localización ao español en Transifex, mais
  descoñezo se é algo oficial ou se o que se fai aquí chega a ter
 relevancia
  no sistema operativo ou non. Polo de mentras eu solicitei mediante esta
  páxina a localización ao galego, supoño que alguén terá que aprobala
 para
  que se poda levar a cabo.
 
  Un saúdo a todos.
 
  --
  Isaac Álvarez Veiga
  Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
  Estudiante do Mestrado en Tradución Multimedia
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
Estudiante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Tradución CyanogenMod

2014-01-28 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Ola a todos e a todas:

Hoxe dispúxenme a instalar CyanogenMod no meu dispositivo, coa sorpresa de
que non está localizado ao galego. Despois de buscar un pouco pola súa
páxina, nin sequera hai un proxecto de localización deste sistema operativo
móbil ao galego.

Eu intentarei traducir o que poida, mentres teña tempo.
Para os interesados, nesta
ligazónhttp://wiki.cyanogenmod.org/w/Doc:_Translation_Guidetedes a
guía (en inglés) do proceso de tradución (aínda que para o meu
gusto explica moi poucas cousas).

Atopei tamén este
proxectohttps://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/language/es/de
localización ao español en Transifex, mais descoñezo se é algo oficial
ou se o que se fai aquí chega a ter relevancia no sistema operativo ou non.
Polo de mentras eu solicitei mediante esta páxina a localización ao galego,
supoño que alguén terá que aprobala para que se poda levar a cabo.

Un saúdo a todos.

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/AlemánGalego/Español
Estudiante do Mestrado en Tradución Multimedia
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Antergos

2013-05-17 Conversa Isaac Álvarez Veiga
En realidade a distro non é nova, antes o seu nome era Cinnarch e
básicamente era unha versión de Arch Linux co entorno de escritorio
Cinnamon, mais debido ao cambio das APIs de Gnome 3.8, é imposíbel empregar
Cinnamon pois aínda non é compatíbel con esas APIs (Clement Lefebvre,
principal desenvolvedor de Linux Mint e do escritorio Cinnamon dixo que
Cinnamon estaba feito para Linux Mint, non para outras distros, e que
actualizarían Cinnamon para ser compatíbel coas novas APIs cando fose
necesario para Linux Mint). Despois disto, os desenvolvedores de Cinnarch
decidiron liberar Antergos coma unha nova distribución, mais principalmente
ten a mesma idea que a antiga Cinnarch: crear unha distibución baseada en
Arch Linux que sexa máis amigábel co usuario a través do emprego de
interfaces gráficas.

2013/5/17 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 Pois haberá que darlle a benvida...

 a mágoa é o mal traducida que esta ao galego
 https://www.transifex.com/projects/p/antergos/language/gl/

 2013/5/17 Antón Méixome cert...@certima.net

 Un novo veciño no barrio

 'Antergos', nova distribución Linux con selo galego

 http://antergos.com/

 http://www.galiciaconfidencial.com/nova/14431.html
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 --
 Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
 Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
 http://galpon.org
 Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
 Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Presentación

2013-05-03 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Benvida Luz!
Eu non estudei filoloxía, mais estou rematando o grao en tradución e
interpretación :)

2013/5/3 Luz luz.an...@gmail.com

 Grazas aos dous! :)
 Alégrame que haxa máis filólogos (aínda que creo que deberiamos ser
 moitos/as máis...)

 2013/5/3 Xosé xoseca...@gmail.com

 Benvida! Eu tamén estudei Filoloxía, pero inglesa :-)

 Xosé

 2013/5/3 damufo dam...@gmail.com

 Benvida!

 En 02/05/2013 10:37, Luz escribiu:

 Bo día!
 Levo xa algún tempo subscrita á lista de correo, mais por unha cousa ou
 por outra aínda non me decidira a presentarme. Chámome Luz, son filóloga e
 gustaríame colaborar nalgún(s) dos proxectos de tradución.
 Teño algo de experiencia na tradución do inglés ao galego (aínda que
 non moita), e traducín tamén algunha páxina web desde o español. Non teño
 preferencia por ningún proxecto en especial, non sei se me poderiades
 orientar un pouco sobre por onde empezar... (un proxecto que consideredes
 máis axeitado para comezar, algún que teña poucas persoas voluntarias ou
 que teña especial présa etc.).
 Unha das cousas que máis me botou para atrás á hora de me decidir foi
 que non dispoño de moito tempo, mais cheguei á conclusión de que se
 esperaba por ter tempo non empezaría nunca, así que intentarei facer o que
 poida :)
 Un saúdo!

 --
 Luz

 __**_
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/**listinfo/proxectohttp://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 __**_
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/**listinfo/proxectohttp://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

 --
 Luz
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Memorias OmegaT 3.0

2013-05-03 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Aquí tedes a ligazón na que descargar as memorias de OmegaT. Están todas
baixo a licenza CC-BY-SA.

Un saúdo a todos!

https://docs.google.com/file/d/0Byw8uuk1AWDbR0RyV09aN0oxLTg/edit?usp=sharing

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Memoria de tradución

2013-04-26 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Ola a todos:

Hoxe rematei de traducir a versión 3.0 de OmegaT e gustaríame compartir a
memoria con vos, pero non sei a quen debería enviala, se á lista de correo
ou a alguén en particular para que a incorpore á base de memorias de Trasno.

Un saúdo,

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Memoria de tradución

2013-04-26 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Grazas pola pronta resposta, Antón.
Esta mesma tarde farei coma dis para que a comunidade poida aproveitar a
memoria de tradución!

2013/4/26 Antón Méixome cert...@certima.net

 Ola Isaac,

 Estupenda noticia.

 Non creo que poidas mandala á lista de correo porque ten limitados os
 anexos. Podes facer o seguinte. Súbea a Drive (xa que tes conta de
 Gmail) e configura a opción de compartilo.
 Logo podes enviar á lista a ligazón directa e xa se encarga alguén
 porque estamos en plena migración do web e depende da dispoñibilidade.

 Un saúdo,

 Antón

 El día 26 de abril de 2013 13:04, Isaac Álvarez Veiga
 ialvarezv2...@gmail.com escribió:
  Ola a todos:
 
  Hoxe rematei de traducir a versión 3.0 de OmegaT e gustaríame compartir a
  memoria con vos, pero non sei a quen debería enviala, se á lista de
 correo
  ou a alguén en particular para que a incorpore á base de memorias de
 Trasno.
 
  Un saúdo,
 
  --
  Isaac Álvarez Veiga
  Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: OmegaT 2.6.3 Full

2013-04-11 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Xa lle enviei as memorias a Miguel coa licenza CC-by-sa :)

2013/4/11 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

 2013/4/10 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com:
  Ola a todos:
 
  Envío anexo a este correo as memorias de tradución e os documentos
  traducidos do OmegaT na súa versión 2.6.3 Full. Espero que vos sexa de
  axuda. Gustaríame que me puidésedes dar o visto e prace da tradución
 porque
  forma parte do meu traballo de fin de carreira.

 Con que licenza publicas a memoria? Se é con Creative Commons By-SA
 poderiamos engadila a http://www.trasno.net/trasno:memorias

 Perdón por non ter aprobado antes a mensaxe, pero é que non me chegara
 notificación de que estaba retida no mailman.

 Deica

  Un saúdo
 
  --
  Isaac Álvarez Veiga
  Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: OmegaT 2.6.3 Full

2013-04-11 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Perfecta seguro que non está, é a primeira vez que traduzo un programa
enteiro, pero a ver que tal, espero que non moi mal!
Eu tamén son usuario de OmegaT, as traducións que podo sempre as fago con
esa ferramenta, éme moi cómoda e xa a teño configurada para optimizala
dentro do que me permite o meu escaso coñecemento informático.
Tamén estou apuntado ás listas, falaban hoxe dunha actualización a 3.0
cunha renovación de todo o material de apoio, espero que non cambien
demasiado e poder seguir utilizando as memorias!
De todas formas, de descontinuar coa tradución, avisarei canto antes!

2013/4/11 Enrique Estévez Fernández keko...@gmail.com

 Ola Isaac.

 Sen fallo, segue ti con el, que así teño menos cousas que atender, que
 xa son moitas. Cando canses avísame. Eu son usuario de OmegaT, xa que
 tento traducir con el todo o que podo. Nestes momentos, como che
 comentara, tiña pendente de actualizala, xa comezara pero non
 rematara.

 Eu traballo directamente coa última versión de desenvolvemento, xa que
 me descargo o código e o compilo. Así sempre teño o último. Agora
 estou tentando de facer un filtro para que acepte algúns tipos de
 ficheiros xml e poder traducilos desde OmegaT. Ademais, estou
 subscrito as listas de correo e sempre que implementan algunha
 novidade estou ao tanto.

 A ver cando teño tempo para botarlle un ollo a tradución. Seguro que
 está perfecta.

 Saúdos.

 2013/4/11 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com:
  Ola Enrique:
 
  Partín da túa memoria, pero mesmo dentro do programa había unhas cantas
  cadeas novas que estaban sen traducir.
 
  O meu obxectivo era, en principio, seguir mantendo a tradución, así
 tamén te
  libro dun lixeiro peso, mais se queres seguir ti con ela, non teño ningún
  inconveniente.
 
  Un saúdo,
 
  2013/4/11 Enrique Estévez Fernández keko...@gmail.com
 
  Ola Isaac.
 
  O proxecto que envías de OmegaT é o que che enviei eu o partiches dun
  de cero e empregaches as memorias que tiña xerado eu? Así cando o
  revise, só teño que revisar o que modificaches ti, xa que garda traza
  de quen traduciu e cando.
 
  Non sei se tes pensado seguir mantendo a tradución, se non é o caso,
  seguirei eu con ela como ata o de agora.
 
  Saúdos.
 
  2013/4/11 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com:
   Xa lle enviei as memorias a Miguel coa licenza CC-by-sa :)
  
   2013/4/11 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com
  
   2013/4/10 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com:
Ola a todos:
   
Envío anexo a este correo as memorias de tradución e os documentos
traducidos do OmegaT na súa versión 2.6.3 Full. Espero que vos sexa
de
axuda. Gustaríame que me puidésedes dar o visto e prace da
 tradución
porque
forma parte do meu traballo de fin de carreira.
  
   Con que licenza publicas a memoria? Se é con Creative Commons By-SA
   poderiamos engadila a http://www.trasno.net/trasno:memorias
  
   Perdón por non ter aprobado antes a mensaxe, pero é que non me
 chegara
   notificación de que estaba retida no mailman.
  
   Deica
  
Un saúdo
   
--
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º
 curso
   
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
   
   ___
   Proxecto mailing list
   Proxecto@trasno.net
   http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
  
   --
   Isaac Álvarez Veiga
   Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
  
   ___
   Proxecto mailing list
   Proxecto@trasno.net
   http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
  
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
  --
  Isaac Álvarez Veiga
  Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
 
  ___
  Proxecto mailing list
  Proxecto@trasno.net
  http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
 
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Dúbida terminolóxica

2013-04-10 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Moitas grazas Miguel!

2013/4/9 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 2013/4/9 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 2013/4/9 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com

 declaring bean

 http://commons.apache.org/proper/commons-configuration//userguide/howto_beans.html
 Beans (we use the term *bean* here to name any plain old Java object
 that is defined in a configuration file and can be instantiated by Commons
 Configuration) are defined in configuration files in a specific format, a
 so called *Bean declaration*. Such a declaration contains all
 information needed to create an instance of this bean class, e.g. the full
 qualified name of the class and initialization parameters. We will explain
 how a bean declaration looks like in short.

 http://static.springsource.org/spring-javaconfig/docs/1.0.0.m3/reference/html/creating-bean-definitions.html

 Esquecíaseme, eu «bean» non o traduciría ao ser un termo moi específico
 (coido que unha clase, mais o meu non é java)
 ERRO: (declarando a bean)
  ou
 ERRO: (declarando a «bean»)

 --
 Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
 Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
 http://galpon.org
 Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
 Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

 --
 Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
 Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
 http://galpon.org
 Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
 Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Dúbida terminolóxica

2013-04-09 Conversa Isaac Álvarez Veiga
A ver se alguén me pode botar unha man, estou traducindo o OmegaT, e
aparece para traducir a seguinte cadea:

ERROR: (declaring bean)

Non teño ningún contexto, só que posiblemente teña que ver coa
inicialización de scipts, pero non sei como traducir ese declaring bean.

Moitas grazas pola vosa axuda. Un saúdo,

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Melisa fainos propaganda da boa

2013-03-09 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Ola a todos,
Informo de que, non sei se hoxe ou onte, se liberou a versión 2.6.3 de
OmegaT, software libre de tradución asistida, e dispóñome a traducilo ao
galego como parte do meu Traballo de Fin de Grao en tradución e
interpretación. Xa me puxen en contacto con eles e é posible que traduza
tamén o seu sitio web. Gustaríame poder contar co voso aval, se é posible.

Un saúdo a todos

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Melisa fainos propaganda da boa

2013-03-09 Conversa Isaac Álvarez Veiga
Xa teño a memoria, enviáronma os de OmegaT, pero se tes a memoria
actualizada, agradeceríache que ma enviases! Sei que o aplicativo está
traducido (na súa versión 2.1.9) pero só o pacote minimal, eu estoy
traducindo o pacote Full, con toda a documentación de axuda e demais.

Un saúdo

2013/3/9 Enrique Estévez Fernández keko...@gmail.com

 Ola Isaac.

 OmegaT xa está traducido na súa maior parte ao galego. A tradución
 fíxena eu e estou pendente de rematar a súa actualización e adaptación
 aos novos consensos das Trasnadas.

 A páxina web está sen traducir, nunca se me diu por traducila, pero o
 aplicativo en si, xa está traducido, desde fai anos. Pódoche pasar as
 memorias de tradución ou o proxecto creado e actualizado.

 Saúdos.

 2013/3/9 Isaac Álvarez Veiga ialvarezv2...@gmail.com:
  Ola a todos,
  Informo de que, non sei se hoxe ou onte, se liberou a versión 2.6.3 de
  OmegaT, software libre de tradución asistida, e dispóñome a traducilo ao
  galego como parte do meu Traballo de Fin de Grao en tradución e
  interpretación. Xa me puxen en contacto con eles e é posible que traduza
  tamén o seu sitio web. Gustaríame poder contar co voso aval, se é
 posible.