benvido veciño! :')

2012/11/8 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> Recoménsase comezar por algo que empregues día a día, así que vai pensando
> niso…
>
> BENVIDO! :D
>
> O Xoves, 8 de Novembro de 2012 07:22:13 damufo escribiu:
> > Benvido Ivan!
> >
> > En 08/11/2012 0:20, Iván del Rio Paderne escribiu:
> > > Eu, chámome Iván.
> > >
> > > Contactei convosco mediante o espazo en liña de trasno e, seguindo os
> > > aconsellamentos de Miguel, preséntome:
> > > Son un rapaz de 21 anos de Ordes e estou estudando Enxeñaría
> Informática
> > > na USC.
> > > Tamén son membro, pouco activo, da asociación Inestable Linux e usuario
> > > habitual de Ubuntu.
> > >
> > > O motivo polo que vos escribo é o seguinte:
> > > Como galego, educado en galego, sempre tiven un interese especial pola
> > > nosa lingua e, en xeral, por toda a cultura galega.
> > > Participo habitualmente en xornadas e actos relacionados co galego,
> > > xeralmente promovidos polos comités estudiantís ou por asociacións a
> > > prol da defensa da lingua, e levo varios anos escribindo un libro
> > > propio. (suposto a non ser rematado nunca hahaha)
> > >
> > > Que quero dicir con isto? Resumo.
> > >
> > > - Dani (membro de Inestable e amigo meu): Eh, Iván, que andas facendo?
> > > - Iván: Estou botando unha man coa traducción desta web ó galego.
> > > - Dani: Imaxinábamo. Sempre andas con algunha historia desas. Deberías
> > > contactar con trasno e axudar a traducir, é o teu.
> > > - Iván: Iso está feito.
> > >
> > > Miguel explicoume as cuestións máis básicas sobre o funcionamento de
> > > trasno e tamén me pasou uns enlaces sobre Introdución á tradución e
> > > algunha información que xa coñecía sobre os localismos.
> > >
> > > Eu, persoalmente, ofrézome pra axudar e colaborar como vexades
> convinte,
> > > tanto na tarefa principal de trasno, como en calqueira outra
> relacionada
> > > coa tradución ó galego.
> > > No ámbito da Enxeñaría Informática, considero que por agora non estou o
> > > suficientemente preparado nin posúo os coñecementos suficientes como
> pra
> > > facer labores de mantemento web ou similar mais penso que no que á
> > > propia tradución se refire, non tería ningún tipo de problema ou
> > > complicación.
> > >
> > > Con todo, estou á espera de que me orientedes un pouco máis e me
> digades
> > > aquelas cousas nas que precisedes máis axuda pra comezar a 'traballar'
> > > canto antes. xd
> > >
> > > PD: É posible que cheguedes a ler algún artigo, texto, ou mesmo algún
> > > correo meu en portugués. Non vos asustedes. Soamente é que estou
> > > aprendendo a lingua portuguesa, coa práctica. xd
> > >
> > > Un saúdo pra todxs e, como dixen antes, eu chámome Iván.
> > >
> > >
> > > _______________________________________________
> > > Proxecto mailing list
> > > Proxecto@trasno.net
> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
maca do pinheiro
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a