Re: Presentación e benvida a LeGal (Linux en Galego)

2000-03-23 Conversa Manuel Antonio Fernández Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:

 [...]
 O mellor é falalos individualmente en distintos fíos de mensaxes,
 para termos unha maior claridade do que estamos a dicir.

ben, dicir que eu agora neste mesmo momento xa sen dilación, debería
estar mandando parte das primeiras reflexións para comezar con eses
fíos. teño algúns problemiñas técnicos e tentarei mandalos hoxe mesmo,
e se non podo por favor agardade (como moito un par de días) O:))

Benvidos, e graciñas a todos.

suscribo isto ... :))

  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras




Presentación e benvida a LeGal (Linux en Galego)

2000-03-23 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Boas,

Como todos ben sabedes, estamos nesta lista de correo para
crear, establecer e formar o que pretende ser a referencia do proxecto
de traducción do sistema operativo Linux á lingua galega.

Agardamos que isto sexa o máis rápido posible, xa que vai ser
un beneficio para todos (traductores e usuarios) ó evitar a dispersión
de grupos espallados e sen coordinación que existen noutras linguas
coma o castelán.  E, por outra banda, temos sempre a avantaxe de que
estamos a traballar con software libre, e polo tanto non temos nada
con aquilo da competencia comercial.

Pero como hai certos aspectos que non son triviais e teñen que
quedar claros, a ser posible coa opinión de todos (n cabezas pensan máis
que un par delas), teremos que estar uns días buscando solucións.  Aínda
non hai un método definido para escolle-la boa se estas son diferentes.
Se for necesario, por non atopar unha solución dialogada, penso que non
habería problema en buscar por consenso o método axeitado.

Ben, semella que básicamente os temas a tratar divídense en dous:

* Estructura de LeGAL
  - A súa situación perante os grupos de Linux galegos
  - Idem perante o exterior (usuarios, institucións...)
  - Normas (no caso de que existan)

* Recursos
  - Lista(s) de correo
  - Servidor/páxinas web
  - CVS

O mellor é falalos individualmente en distintos fíos de mensaxes,
para termos unha maior claridade do que estamos a dicir.

Benvidos, e graciñas a todos. 

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras