Olá,
Apresentarei-me: son marce, voluntário tradutor da equipa de kde.

Penso que para tirar-lle o máximo proveito a esta rolda de correo, o mellor é 
que cada quen comece por expor cais son as que considera as mellores 
ferramentas disponíbeis na actualidade, cais son os seus pontos fortes e os 
fracos, e que ferramentas vota en falta.
Comezarei, logo:

-As ferramentas que eu uso son:
    * os guións shell/perl de transliteración pt2gz,
    * as ferramentas gettext, fundamentalmente msgconv e msgfmt
    * kbabel.
-As que considero como mellores ferramentas son kbabel e pootle, aquel porque 
é moi completo e automatizábel, e este porque é unha interface web "de 
concórdia", cun conxunto de ferramentas moi úteis de cara tanto á deteczón 
de 
erros (pofilter) como á QA de proxectos grandes (poconflicts).

Os pontos fortes:
    * kbabel:
        - Integrado no escritório
        - Agradábel de traballar con el
        - Grazas ao catalogmanager, poden automatizar-se moitas tarefas
        - Grazas ao catalogmanager, poden aplicar-se procuras e remprazamentos 
masivos.
    (* poedit: descoñezo-o, pero posibelmente sexa equivalente 
funcionalmente.)
    * pootle:
        - Polo seu deseño carece dos defeitos de Rosetta.
        - Agnóstico (non está vinculado a unha Empresa --canonical-- unha 
distro --Ubuntu, Linspìre-- nen a un grupo de traduzón concreto --hindi, 
galés--)
        - Desenvolvimento moi activo, con presenza no SoC de Google, e con 
desenvolventes españois.
        - Dispón dun conxunto de ferramentas para a liña de comandos que 
teñen 
moi boa pinta.

Pontos fracos
    * Kbabel: 
        - é de KDE, o cal na actualidade en España é un bon sanbenito,
        - custa entrar-lle á automatizazón (hai que ler a documentación),
        - a base de dados berkeley falla de cando en vez.
        - o kbabeldit pode mellorar-se, en particular, a pesquisa en base de 
dados, pode ser mellorada para facilitar a homoxeneizazón de termos -
    * Pootle:
        - non ten a Canonical por tras,
        - precisa-se que espazo web con soporte para python (é isto un 
problema?)


Que ferramentas fan falla na actualidade? Para min:
--Un verificador ortográfico para norma RALG-ILG que non dé risa.
--Para poder dispor deste verificador en kbabel (e por extensión en pootle, 
rosetta, etc sobre konqueror), fai falla un plugin para integrar o hunspell 
dentro do kspell2.
--Hai que pór as distintas ferramentas para a liña de comandos en comun, e 
polas a disposizón do público xeral na rede.
-- Seria recomendábel construir unha interface gráfica para as distintas 
ferramentas (estou a pensar en kommander).
--E xa postos,  un conversor para ficheiros po de norma reintegrada de mínimos 
á última norma RALG-ILG. Isto doe-me, pero de cara á implantazón é 
imprescindíbel. (Si, som um toca-pelotas, algum problema?)

En outra orde de cousas, seria recomendábel dispor dun único centro/proxecto 
de tradución de SL, a ser posíbel non vinculado co governo, nen con nengunha 
empresa con ou sen participazón pública, nen con partidos políticos. 
Evitando 
desta maneira a existéncia da trasno/ciberirmandades/galego21/mancomun, todas 
elas con seczón de traduzón.
O modo de traballo deste proxecto debera ser mixto (web/escritório), 
empregando na medida do posíbel ferramentas "politicamente correctas", é 
dicer, agnósticas.
Este proxecto debera adicar-se só a este propósito.
-- 
Best Regards
MV

Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20060730/4113abb5/attachment.pgp
 

Responderlle a