2011/1/26 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>:
> Retomo este fío xa que no mesmo aplicativo aparéceme:
>
> HEAP SNAPSHOTS
>
> - description: A label for the heap snapshots list (all caps).
>
> Get a heap snapshot by pressing the %{BUTTON} button on the status bar.
>
> - description: Help text on how to get a heap snapshot.
>
> Call Site stack
>
> - description: A label for event call stack
>
> Neste caso, acáeme ben «morea» para Heap..
> para stack é onde volvemos á discusión deste fío :(

Ola,
antes de nada reenvío a conversa tamén á rolda de Trasno porque pode
que a xente responda antes por alí. Ao tema.

Recompilei estes fíos onde se discute como traducir «heap» e «stack»:

http://www.trasno.net/lurker/message/20091116.231234.e1d8dbf5.gl.html
http://www.trasno.net/lurker/thread/20091030.194751.a95db81f.gl.html#20091030.194751.a95db81f
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-May/001984.html
(correspóndese con este fío, por se queredes investigar as mensaxes
anteriores)

Non estou seguro de que se comentara nalgún dos fíos indicados, pero
comento que «pilla» pode ser tradución válida para «stack»:
http://www.estraviz.org/pilla
Ademais pode que «montículo» sexa unha tradución aceptable para
«heap»: http://www.estraviz.org/mont%C3%ADculo
Para ver as outras traducións propostas (das que hai bastantes) e
razoamentos sobre por que non se deberían usar ou si certas traducións
propostas, podedes ler as mensaxes anteriores dese fíos.

Máis referencias sobre «heap» e «stack» na Wikipedia (para investigar
en que consiste o concepto e para ver como se traduciu a outros
idiomas):

http://en.wikipedia.org/wiki/Stack_%28data_structure%29
http://en.wikipedia.org/wiki/Heap_%28data_structure%29

Como se traduciu «heap» e «stack» segundo o open-Tran:

http://en.gl.open-tran.eu/suggest/%22stack%22
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/heap

O mesmo pero en Logaliza:

http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=heap&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza
http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=stack&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza

Podedes ver resultados da terminoloxía e de traducións realizadas para
Microsoft buscando vós en
http://www.microsoft.com/Language/en-US/Search.aspx

Por último engado isto por se puidera resultar de calquera utilidade:
https://forxa.mancomun.org/plugins/scmsvn/viewcvs.php/stack.txt?root=terminoloxiaseg&view=markup
(terei que actualizalo un chisco)

Deica

> 2009/5/20 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>
>>
>>
>> 2009/5/20 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>>
>>> 2009/5/20 Miguel Bouzada <mbouzada en gmail.com>:
>>> > das opcións que vin:
>>> >
>>> > Meda ? segundo o momento (despois da colleita) ou o destino,
>>> > correspondería
>>> > a unha estrutura LIFO ou a unha FIFO (son de orixe campesiña e fixen
>>> > moitas
>>> > medas), incluso até pode ser sinónima de "morea" (os mollos egún se
>>> > segan
>>> > agrupanse en medas, na que os mollos van en vertical, o que fai que non
>>> > haxa
>>> > punto de inicio nin de fin.
>>> > Rima ? ten unha acepción LIFO, pero xa que tamén se emprega para para
>>> > expresar a concordancia de fonemas ... non me parece a máis axeitada
>>> > Restra ? podería ser FIFO ou LIFO (incluso un "array" dunha dimensión)
>>>
>>> Un "array" dunha dimensión sería un "vector", e un de varias seria
>>> unha "matriz".
>>
>> Alguén dixo que non fose así?
>>
>>>
>>>
>>> Ata logo,
>>>                  Leandro Regueiro
>>> _______________________________________________
>>> G11n mailing list
>>> G11n en mancomun.org
>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>
>>
>> --
>> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
>> .xlsx, .ppt, .pptx
>>
>> Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org e na sala
>> galpon_minino en conf.jabberes.org
>
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
>

Responderlle a