Olá!,
síntoo, rematei esta quenda de vacacións.

Acabo de ver que sacastes un dosier con PFMs (xestores de finanzas persoais),
http://www.mancomun.org/raquo-descargas/documentos/dossiers-tecnoloxicos/xfp.pdf.html

Aprezo que debo facer unhas de glosas, todas elas referentes a cousas que non 
se din de  KMM:
- Corre sobre Linux, OS X (ao parecer hai un que o usa no mac), FreeBSD, 
&coetera.

- Está traducido ao galego, tanto a interface como a documentación. Se o 
desexades, podedes revisala, sancionala, &c., estou completamente certo de 
que o seu tradutor non se oporá.

- Permite obter dados através da web da cotización de fondos e 
participacións, 
así como conectar con bancos. Para isto último usa aqbanking (ou algo cun 
nome semellante), que na actualidade NON dá servizo ao que debería ser o 
formato estándar da banca española, porque o publicou esta, o Caderno 43. O 
único que é preciso para isto é que alguén se ofereza a fornecer un ou dous 
ficheiros C43 de proba. Garántese a confidencialidade dos dados. Importa QIF, 
OFX e GnuCash.

-A estruturación das categorías de ingresos e gastos segue a estruturación 
en 
grupos COICOP (nas versións galega e castelá en desenvolvimento, aínda que 
os 
ficheiros modelo poden usarse na estábel) usada na determinación do ipc. Por 
suposto, pode adaptarse.

-Ao igual que GnuCash, segue o principio da dobre entrada, ten partidas de 
transaccións, hai unha hierarquía de contas, libor de maiores, ...

-O sistema de informes é moi configurábel, permitindo ser impresos en PDF, 
HTML, ou CSV (útil para traballar con follas de cálculo).

-Sistema de planificación do asento de transaccións, con recordatorio.

-Cifraxe segura de ficheiros, mediante chaves pgp.

-Extensíbel mediante un sistema de "plugins". Estase a pensar en facer un 
sistema para facer facturas; o sistema de banca por internet mediante 
aqbanking vai através dunha extensión.

- Quedou segundo nos premios "Community Chouce Awards" de SourceForge de 2006 
na categoría "Finance"

- Este ano, nos mesmos premios está nominado na categoría de "Mellor servizo 
técnico aos usuarios" (Best user suport).

--Funcionalidades en desenvolvimento ± avanzadas:
a) armacenaxe da información fichanceira en rdbms, ppalme SQLLite3 e MySQL. Se 
alguén se oferece a probar un PostgreSQL, agradeceráse.
b)Módulo de orzamentos de ingreso e gasto.
c)Módulo de pronóstico, funcionalmente semellante ao de MS Money
d)Melloras xerais.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> 
>¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : non dispoñible
Tipo       : application/pgp-signature
Tamaño     : 189 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20070716/1c0efc4b/attachment.pgp
 

Responderlle a