De "forward"

É evidente que neste caso temos que facer unha adaptación nocional 
importante.

Nalgúns casos o valor de forward é o de <<avanzar>>
   
    i.e. fast forward > avance rápido

Noutros casos en que forward se refire a enderezos ou portos sería, no 
entanto, recomendábel o uso de "encamiñar" o menos, "reencamiñar",  en 
relación co "routing" e "router" (encamiñador)

    i.e. Plugin to forward ports using UPnP > Extensión para encamiñar 
portos mediante UPnP

E temos mesmo o caso de "forward slash" (barra slash ou barra de avance ?)

Para o valor que nos ocupa, que é o uso fundamental ao que nos 
referimos, falamos da opción "forward" do menú "Mensaxe" así como ao 
botón correspondente en calquera aplicativo de correo. A tradución máis 
exacta sería "remitir". Na versión 2.0.0.22  de Thunderbird estamos a 
empregar "reenviar" mentres que nas compilacións diarias empregouse 
"encamiñar".

Propoñemos estabilizar a equivalencia neste contexto e con este valor de 
FORWARD como REENVIAR, que tamén coincide coa mesma opción na 
localización de windows e a maioritaria en KDE.


P.S. Por certo, estamos a empregar "remitir, remisión" como equivalentes 
do "commit".





-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ES) 
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : meixome.vcf
Tipo       : text/x-vcard
Tamaño     : 841 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090706/cb7051a7/attachment.vcf
 

Responderlle a