Boas.

Dende a Oficina de Software Libre xa fixeramos a tradución dunha das versións 
de OmegaT, cando foi do fiadeiro de tradución.

Daquela non sei se chegamos a liberar o proceso e sei que non chegamos a 
enviala aos desenvolvedores do mesmo. Agora  estou eu a traballar na 
actualización e revisión da mesma e espero o antes posíbel, ter traducido o 
aplicativo e a web, pero vaime levar o seu tempo, xa que non lle podo adicar 
todo o tempo que quixera. A tradución para a nova versión de NetBeans, ocupa o 
meu tempo nestes momentos. Proxecto do que na súa web se vai a detallar a forma 
de colaborar e como se realiza todo o proxecto.

Xa estou rexistrado nas listas do proxecto, tanto na de tradución como na dos 
desenvolvedores e se ninguén por aquí quere realizar o traballo, avísovos que o 
estou a realizar eu, non vaia ser que repliquemos esforzos. No meu caso, non é 
molestia, xa que é o programa co que realizo as traducións nas que colaboro.

Pois nada máis, simplemente era para dar aviso.

Unha aperta.

Responderlle a