[URXE] Ampliación de actividades 2010

2010-12-01 Conversa Miguel Branco
Ola, Acábannos de avisar de que podemos contar con máis financiamento para realizar actividades antes do* 15 Dec*. dentro do convenio de LUGs que temos subscrito coa SX de Modernizacióne Innovación Tecnolóxica (iMiT). Algunha suxerencia de evento/actividade que deamos feito antes desa data?.

Re: [URXE] Ampliación de actividades 2010

2010-12-01 Conversa Fran Dieguez
Publicar a esperada guía de localización actualizada con todos os últimos consensos, levar a cabo unha revisión completa da mesma e facer unha tiraxe como guía de referencia para os membros de Trasno e para cursos. Repetir o curso de localización en máis lugares xa que penso que foi un éxito.