Ola,
hai xa meses que empecei o meu proxecto de fin de carreira que viña
sendo un sistema web para a creación e xestión colaborativa de
terminoloxía enfocada principalmente cara a localización de software
libre. Despois de anovar o servidor de Trasno, Santiago púxose e
montou unha instancia en trasno.net. Mentres non se configure o DNS
podedes visitalo engadindo a seguinte liña ao ficheiro /etc/hosts

188.165.49.203  terminator.trasno.net

Esta instancia xa trae de serie algúns datos o que servirá para que o
probedes. Creei un usuario chamado proba con contrasinal proba que ten
permisos no glosario proba.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a