Reenvío á lista.
Sería posible mudar o comportamento para que ó responder responda á lista no canto do remitente?
Alguén sabe como facelo?

-------- Forwarded Message --------
Asunto:         Re: [Terminoloxía] dongle
Data:   Thu, 3 Mar 2016 16:11:13 +0100
De:     Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me>
Para:   Dani <d...@damufo.com>



Boas.

Se falades do que eu penso, eu tiña escoitado chamarlle pastilla, non me digades porque, era Como lle chamaban.

Saudos.

On Mar 3, 2016 4:04 PM, "Dani" wrote:

   Boas:

   Estaba buscando unha imaxe dun dos antigos dispositivos, aquí está!
   http://img.tomshardware.com/us/2005/06/13/thg/lightwave_dongle.jpg

   Meu pai tiña un dispositivo destes nun antigo programa MSDOS que
   tiña e onde traballo tamén había un.

   Non sei porqué  pero a ese deispositivo chamábanlle "mochila"

   Vaia!! agora que vexo é o termo que se emprega para o español.
   https://es.wikipedia.org/wiki/Mochila_%28dispositivo%29
   Tamén indican: /mochila, llave, candado o seguro electrónico/
   No portugués temen empregan hardlock

   Poida que acaia mellor «Chave» sen o USB. Se non me erro o porto é
   algo circunstancial e que non ten que ver co significado, pois na
   actualidade tamén as hai bluetooth e mañá quen sabe que tecnoloxía
   usarán?

   De por apelidos buscaría algo máis xenérico
   - chave electrónica
   - seguro electrónico, tamén me parece unha opción sobre todo para
   non sobrecargar «chave» que xa é tradución para outros conceptos.


   Penso que seria interesante darlle algunha volta máis e tratar de
   buscar (rescatar) algún termo (de outro ámbito) que teña un
   significado similar para poder ter unha solución nunha única palabra
   sen apelidos.

   Se non fora porque xa lle metemos un uso especifico complemento
   penso que podería tamen ser opción
   RAG: complemento, /O que se engade a unha cousa para completala
   nalgún aspecto./
   pero acepción 6 xa está: /Programa de fácil instalación que engade
   unha nova función a outro programa ou aplicación.
   /seguindo cos apelidos:
   complemento físico (o de físico é polo se que se pode palpar)

   Seguindo coa idea de complemento está «accesorio»
   A RAG di: /Que acompaña ou completa o principal/.
   Que completa o principal (lembremos que na definición está que pode
   ter incluso partes de código do aplicativo)
   polo que podería ser:
   accesorio de seguridade

   mais...
   Tendo en conta o conta o concepto de bloqueo (ó aplicativo ou partes
   do mesmo)
   desbloqueador
   ...



   Seguro que a alguén se lle ocorre algo máis axeitado.



   Dani

   On 02/03/16 18:26, Antón Méixome wrote:



       2016-03-02 12:28 GMT+01:00 Fran Diéguez
       <fran.dieg...@mabishu.com <mailto:fran.dieg...@mabishu.com>
       <mailto:fran.dieg...@mabishu.com
       <mailto:fran.dieg...@mabishu.com>>>:

            Ola a todos,

            quixera que debateramos (se non está
            feito xa) como podemos traducir o termo "dongle".

            Como exemplo temos os dongle Bluetooth, multimedia, ou wifi:

       
http://www.amazon.es/s/ref=nb_sb_noss?__mk_es_ES=%C3%85M%C3%85%C5%BD%C3%95%C3%91&url=search-alias%3Daps&field-keywords=dongle

            Saúdos



       Interesante termo e que nunca se debatese é estraño porque a
       estas alturas resulta antiquísimo e provén da cultura hacker.

       Que é?

       http://www.catb.org/~esr/jargon/html/D/dongle.html
       <http://www.catb.org/%7Eesr/jargon/html/D/dongle.html>
       <http://www.catb.org/%7Eesr/jargon/html/D/dongle.html> (Este
       vocabulario parte do ano 1975, e remite a fontes anteriores,
       miña naiciña, que venerable peza!!!)

       Debido á evolución do dispositivo, quizais poderíamos chamalo
       simplemente "adaptador USB" ou chave USB (para distinguilo de
       memoria USB). Isto permitiría utilizalo tanto para os portos
       USB, como para os antigos D-25 ou portos paralelos.

       O máis interesante é que parece ser o termo xenérico de toda esa
       familia e a mitoloxía da palabra tamen é ben curiosa: ao
       inventor “Don Gall”





            _______________________________________________
            proxecto mailing list
       proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>
       <mailto:proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>>
       http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto




       _______________________________________________
       proxecto mailing list
       proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>
       http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto



   _______________________________________________
   proxecto mailing list
   proxecto@trasno.net <mailto:proxecto@trasno.net>
   http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto




_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a