Petició per tal que no es concedixi el nom d'un carrer de Santiago al Sr. Manuel Fraga Iribarne (Omple el formulari)


Petición para que non se conceda o nome dunha rúa de Santiago ao Sr. Manuel Fraga Iribarne.

 

 

A ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE, SR SÁNCHEZ BUGALLO.

 

PRIMEIRO: Recentemente, tiven coñecemento da intención do Sr. Alcalde de Santiago de Compostela, o Sr.D. Sánchez Bugallo, de adicar unha rúa desta cidade ao ex-presidente da Xunta, Sr. D. Manuel Fraga Iribarne. É por este motivo que remito este escrito mediante o cal quero manifestarlle ao Concello e ao seu Alcalde a miña indignación por tal actuación e facerlle constar a miña posición contraria á mesma.

 

SEGUNDO: As razóns que, ao meu modo de ver, descalifican a proposta de atribuir este honor ao Sr. Manuel Fraga Iribarne, son moitas e coñecidas. Poderiamos comezar pola súa etapa como Ministro Franquista, para logo repasar toda a súa actuación á fronte do executivo galego, da cal é un claro exemplo a xestión da crise do Prestige (recordemos que el etaba de caza mentres o petroleiro case embarranca na costa). Existe ademais unha longa lista de comentarios e discursos pronunciados polo Sr. Fraga que ilustran vivamente a súa mentalidade e traxectoria, así como tamén a visión tan peculiar que ten do noso país. Podo citar como exemplo, o Sr. Fraga Iribarne foi responsable da Condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe "El pensamiento político de Castelao" e nunha contestación ao editor J.B Cendrós afirmou:

"cataluña foi ocupada por Felipe IV, foi ocupada por Felipe V, que a venceu, foi bombardeada polo Xeneral Espartero, que era un xeneral revolucionario, e ocupamola en 1939 e estamos dipostos a volvela ocupar tantas veces como sexa necesario e para iso estou disposto a coller de novo o fusil. Por consiguente, xa saben vostedes a que atenerse, e aquí teño o mosquete para volvelo a utilizar"

TERCEIRO: Considero que para conceder o honor de por o nome dunha persoa a unha rúa,  os méritos da mesma teñen que ser indiscutíbeis, e contar co apoio unánime de toda a cidadanía, xa que non pode facerse de costas e enfrontándose a unha grande parte dos veciños e veciñas do Concello.

 

Por todo o exposto e no exercicio do Dereito de Petición, SOLICITO:

1. Que non se lle conceda o nome dunha rúa ao Sr. Manuel Fraga Iribarne.

E para que surta os efectos oportunos asino a presente petición.

 

Agardando unha rápida solución, despídese atentamente

 

Asina no formulario e envia este correo aos teus contactos


www.movemento.org
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 - 2º
15703 Santiago de Compostela

Tel.: 610858850

http://www.araisempre.org
http://araisempre.org/mailman/listinfo/ais_araisempre.org

Responder a