2011/1/14 Antón Méixome <[email protected]>:
> Ola Xosé,
>
> Reenvío isto á lista correspondente ([email protected]) para tratalo
>
> Grazas
>
>
> ---------- Forwarded message ----------
> From: Xosé <[email protected]>
> Date: 2011/1/13
> Subject: LibreOffice
> To: [email protected]
>
>
> Acabo de instalar o LibreOffice e decidin darlle unha vista rápida.
> Observei o seguinte:
>
> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Xeral]
>
> Abrir/Gardar caixas de diálogo -> Caixas de diálogo para abrir e gardar
>
> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Memoria]
>
> Eliminar da memoria despois -> ... despois de/transcorridas/pasadas
>
> En Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Ver hai varias palabras que se ven
> cortadas (pantalla, letra) porque o diálogo non se pode aumentar.
> Acontece noutros lugares do mesmo diálogo. En [Formato/Título de
> páxina] mesmo se sobrepoñen as palabras.
>
> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice/Camiños]
>
> Camiños -> Rutas (segundo acordo recente)
>
> [Ferramentas/Opcións/Cargar\/Gardar/Compatibilidade con HTML]
>
> Usa 'Inglés (EUA)' para os números -> Usar «Inglés (EUA)» para os números
>
> [Ferramentas/Opcións/Configuración de idioma/Idiomas]
>
> Di "Idioma de" "Interface de usuario" e no selector pon "Predefinido -
> Galego"; debería ser "Predefinida - Galego"
>
> ídem para Configuración local e Moeda predeterminada
>
> [Ferramentas/Opcións/LibreOffice Writer/Táboa] -> Táboas
>
> [Ferramentas/Opcións/Internet/Correo electrónico]
>
> Enviando documentos como anexos de correo electrónico -> Envío de...
>
> [Formato/Carácter/Efectos do tipo de letra]
>
> Esquema -> Contorno ("outline" en inglés pode ser o esquema dun texto,
> que tamén existe en LibreOffice ou, como neste caso, o contorno das
> letras).
>
> [Formato/viñetas e numeración/Posición]
>
> Na secuencia "Numeración seguida por" [opcións], debe seguir "a" [X
> cm] e non "en".
>
> Igualmente, "Aliñado á" -> "Aliñado a" e "Sangría á" -> "Sangría a"
>
> [Formato/viñetas e numeración/Opcións]
>
> No selector "Numeración", "Ningún" -> "Ningunha"
>
> Xosé
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> [email protected]
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
>
>



-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a