No Pootle de LibreOffice xa hai bastante traballo para facer, desde
que hai uns días cargaron bastantes cadeas específicas LibO

https://translations.documentfoundation.org/gl/

Entra dentro do probable que LIbO libere unha nova versión 3.3.1 a
mediados deste mes.

Á parte disto, no website, proxecto galego tamén hai traballo
pendente. Desde hai 2 meses que se comezou a crear o sistema a cousa
cambiou moito

gl.libreoffice.org

No website hai un problema que estou esperando a ver se me responden
como se soluciona. A páxina de descargas, especialmente, pero tamén
calquera outra debería ser tradución da versión inglesa (ben, é unha
opción) pero o problema é que non se pode tomar unha páxina inglesa e
traducila e hai cousas que non se poden facer a pelo, como o sistema
de selección automática da descarga apropiada.

Tamén publiquei un artigo no blog explicando como se instala a versión
estable en Windows, que é diferente a como se instala OpenOffice
http://blog.libreoffice.gl/libo-libreoffice/article/instalar-libreoffice-3-3-en-galego

Aínda están pendentes as correccións que chegaron pero creo que son
todas para facer no Pootle de OpenOffice

Así que, propoño

-Dádevos de alta no Pootle e no web para que vos poida asignar
traducións, ficheiros, tarefas, etc
-Comentade os erros de tradución e solucións
-Cómpre xente que faga cousas (web, wiki, artigos, traducións) ... se
é posible ide dicindo algo e en función diso falamos de prioridades.

Un saúdo,

Antón

P.S LibO non vai cambiar de CMS (de SilverStripe a Drupal, ou o que
sexa) ata dentro de 6 meses como mínimo segundo un anuncio de Charles
Shulz do Comité Executivo (SC).

-- 
Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a