A beta 2 da futura 3.4 xa saíu pero non se recomenda probala porque falla na instalación de localizacións así que non nos é útil para esta tarefa. Xa está informado o erro e prevese que na B3 xa se poida valorar a localización.
Por certo, a IU témola ao 100% pero sen comprobar a homoxeneidade da tradución. Foi dura batalla porque houbo bastantes problemas con Pootle e porque ninguén avisou de que se ían cargar as traducións completas a partir dos .sdf da versión 3.2 de OpenOffice, é dicir, de hai un ano, cando empecei o proceso de corrección actual. Debido ao proceso de "limpeza" que están realizando os desenvolvedores e que implica un novo tratamento de moitas etiquetas, variables, considerei oportuno non sobreescribir coas traducións de OOo e facelas á man, En fin que aínda non dei acabado con esta fase. Pode verse a cantidade de correccións e actualizacións realizadas nas cadeas enviadas (máis de 4 mil). Tamén estou prestando toda a atención que podo aos "fallos" dos que informa https://translations.documentfoundation.org/gl/libo34x_ui/review.html Coma no caso anterior, moitos deles eran herdados así que outra vez os tiven que corrixir. A groso modo debinos reducir ao 30% dos que eran ao principio. Está en estudio o tema dos falsos positivos que nos afectan a varios idiomas (comiñas, signos especiais, espazos, etc). Agradezo todas as suxestións e axudas que poidades enviar. A miña intención ao final é a de facer unha proba experimental coas regras do Pology. P.S. Como anécdota quero comentar que a nosa solución para o tratamento dos estilos foi copiada e agradecida pola comunidade brasileira e que serviu ademais como modelo de revisión para moitos máis equipos. Moitos idiomas estaban afectados pola mesma eiva na localización desde a versión 1.0 de OpenOffice. Un bug de localización de 10 anos! -- Antón Méixome - Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
