En 2011/04/25 00:17, Anton Meixome escribiu:
A beta 2 da futura 3.4 xa saíu pero non se recomenda probala porque
falla na instalación de localizacións así que non nos é útil para esta
tarefa.
Xa está informado o erro e prevese que na B3 xa se poida valorar a localización.

Por certo, a IU témola ao 100% pero sen comprobar a homoxeneidade da tradución.
Foi dura batalla porque houbo bastantes problemas con Pootle e porque
ninguén avisou de que se ían cargar as traducións completas a partir
dos .sdf da versión 3.2 de OpenOffice, é dicir, de hai un ano, cando
empecei o proceso de corrección actual.
Debido ao proceso de "limpeza" que están realizando os desenvolvedores
e que implica un novo tratamento de moitas etiquetas, variables,
considerei oportuno non sobreescribir coas traducións de OOo e facelas
á man,
En fin que aínda non dei acabado con esta fase. Pode verse a cantidade
de correccións e actualizacións realizadas nas cadeas enviadas (máis
de 4 mil).

Tamén estou prestando toda a atención que podo aos "fallos" dos que informa

https://translations.documentfoundation.org/gl/libo34x_ui/review.html

Coma no caso anterior, moitos deles eran herdados así que outra vez os
tiven que corrixir. A groso modo debinos reducir ao 30% dos que eran
ao principio. Está en estudio o tema dos falsos positivos que nos
afectan a varios idiomas (comiñas, signos especiais, espazos, etc).
Agradezo todas as suxestións e axudas que poidades enviar.

A miña intención ao final é a de facer unha proba experimental coas
regras do Pology.

P.S.
Como anécdota quero comentar que a nosa solución para o tratamento dos
estilos foi copiada e agradecida pola comunidade brasileira e que
serviu ademais como modelo de revisión para moitos máis equipos.
Moitos idiomas estaban afectados pola mesma eiva na localización desde
a versión 1.0 de OpenOffice. Un bug de localización de 10 anos!
Manda truco!!
Máis vale tarde que nunca!!


--
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a