Xenial! En plan oficial Como coordinador da comunidade galega de LibO quero anunciarvos que temos unha oferta formal para establecer un servidor de réplica para o proxecto LibO.
A oferta chégame oficialmente de Galpón (Grupo de Usuarios de LInux de Pontevedra) a través do seu presidente Miguel Bouzada despois dalgunhas conversas informais sobre o asunto a partir da celebración do DFD que tivo lugar en Vigo. Galpón acaba de aprobar en Xunta Directiva ofrecer 20 GB cunha conexión de alta dispoñiblidade e encargarse totalmente da configuración e mantemento da réplica. Naquel momento eu queixeime de que mentres que para OOo.org temos desde hai anos un servidor de réplica para OOo.org en Galicia (ftp.udc.es), os responsables del non manifestaran por ningún medio a intención de apoiar a LibO (tampouco o contrario, hai que dicir). A TDF está a establecer nestes momentos unha rede de réplicas para asegurar a mellor distribución das distintas versións. O ciclo de publicación de versións de LIbO vai ser moito máis frecuente e, daquela, pesado que o que estabamos afeitos na comunidade de orixe OOo.org. Por tanto, os requirimentos técnicos son maiores así como o proceso é moito máis aberto, xa que a TDF publicou unha guía internacional aberta de construción de réplicas para que nin sequera fose necesario pedir permiso. Nin á TDF nin a ninguén. http://download.documentfoundation.org/mirroring.html Ademais, como sabedes, a TDF é totalmente autónoma verbo de patrocinadores ou promotores empresariais e está totalmente en mans da comunidade. Non hai unha Sun Microsistems detrás, así que asegurar a infraestrutura tamén forma parte básica das posibilidades de colaboración da comunidade. Tamén por iso hai que agradecerlle a Galpón o feito de que antes de que entre en funcionamento se puxese en contacto con esta comunidade para darme a oportunidade de presentar a réplica como un apoio galego á Fundación e a LibreOffice. A importancia de ter unha réplica galega maniféstase en varios sentidos. O sistema de réplicas fai robusto, accesible e escalable o proxecto, ter unha réplica é unha colaboración importante nun proxecto de SwL, proporciónanos un coñecemento máis profundo del e atríbúenos méritos dentro da comunidade global e finalmente constitúe unha demostración da capacidade da comunidade galega á que se lle proporciona un punto de acceso propio e direct ao proxecto completo (non só ás versións finais) ante nós mesmos, os usuarios galegos e os membros da nosa comunidade. En resumo. En poucos días teremos un primeiro servidor de réplica fornecido por Galpón e ofréceseme a posibilidade de anuncialo á TDF como unha contribución galega. Quero agradecerllo en nome da comunidade e por iso vos informo por se tedes algún comentario, pregunta ou suxestión que vaia no camiño de mellorar a nosa integración e beneficiarnos mellor do proxecto LibreOffice, que é do que se trata. Unha aperta a todos e todas. <vai directo para o blog tamén> -- Antón Méixome - TDF member 105 Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
