2011/5/6 damufo <[email protected]>:
> Parabéns e grazas a todos os implicados.
>
> En 2011/05/06 00:20, Anton Meixome escribiu:
>>
>> Xenial!
>>
>> En plan oficial
>> Como coordinador da comunidade galega de LibO quero anunciarvos que
>> temos unha oferta formal para establecer un servidor de réplica para o
>> proxecto LibO.
>>
>> A oferta chégame oficialmente de Galpón (Grupo de Usuarios de LInux de
>> Pontevedra) a través do seu presidente Miguel Bouzada despois
>> dalgunhas conversas informais sobre o asunto a partir da celebración
>> do DFD que tivo lugar en Vigo. Galpón acaba de aprobar en Xunta
>> Directiva ofrecer 20 GB cunha conexión de alta dispoñiblidade e
>> encargarse totalmente da configuración e mantemento da réplica.
>>
>> Naquel momento eu queixeime de que mentres que para OOo.org temos
>> desde hai anos un servidor de réplica para OOo.org en Galicia
>> (ftp.udc.es), os responsables del non manifestaran por ningún medio a
>> intención de apoiar a LibO (tampouco o contrario, hai que dicir).

Igual se agora se lles insiste de novo na OSL espabilan.

>> A TDF está a establecer nestes momentos unha rede de réplicas para
>> asegurar a mellor distribución das distintas versións. O ciclo de
>> publicación de versións de LIbO vai ser moito máis frecuente e,
>> daquela, pesado que o que estabamos afeitos na comunidade de orixe
>> OOo.org. Por tanto, os requirimentos técnicos son maiores así como o
>> proceso é moito máis aberto, xa que a TDF publicou unha guía
>> internacional aberta de construción de réplicas para que nin sequera
>> fose necesario pedir permiso. Nin á TDF nin a ninguén.
>>
>> http://download.documentfoundation.org/mirroring.html
>>
>> Ademais, como sabedes, a TDF é totalmente autónoma verbo de
>> patrocinadores ou promotores empresariais e está totalmente en mans da
>> comunidade. Non hai unha Sun Microsistems detrás, así que asegurar a
>> infraestrutura tamén forma parte básica das posibilidades de
>> colaboración da comunidade. Tamén por iso hai que agradecerlle a
>> Galpón o feito de que antes de que entre en funcionamento se puxese en
>> contacto con esta comunidade para darme a oportunidade de presentar a
>> réplica como un apoio galego á Fundación e a LibreOffice.
>>
>> A importancia de ter unha réplica galega maniféstase en varios
>> sentidos. O sistema de réplicas fai robusto, accesible e escalable o
>> proxecto, ter unha réplica é unha colaboración importante nun proxecto
>> de SwL, proporciónanos un coñecemento máis profundo del e atríbúenos
>> méritos dentro da comunidade global e finalmente constitúe unha
>> demostración da capacidade da comunidade galega á que se lle
>> proporciona un punto de acceso propio e direct ao proxecto completo
>> (non só ás versións finais) ante nós mesmos, os usuarios galegos e os
>> membros da nosa comunidade.
>>
>> En resumo. En poucos días teremos un primeiro servidor de réplica
>> fornecido por Galpón e ofréceseme a posibilidade de anuncialo á TDF
>> como unha contribución galega. Quero agradecerllo en nome da
>> comunidade e por iso vos informo por se tedes algún comentario,
>> pregunta ou suxestión que vaia no camiño de mellorar a nosa
>> integración e beneficiarnos mellor do proxecto LibreOffice, que é do
>> que se trata.
>>
>> Unha aperta a todos e todas.
>>
>> <vai directo para o blog tamén>
>>
>
> --
> Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán
> borrar
>
>

-- 
Correo a [email protected] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Responder a