Estiven buscando información básica sobre como debemos proceder para comunicar bugs. Aínda que teoricamente a información está aquí http://wiki.documentfoundation.org/BugReport a realidade é un chisco distinta, así que me parece necesario darvos información.
Animo seriamente a que nos comprometamos a facer algo de control de calidade porque é moi necesario. Non hai moita xente facéndoo e mesmo os distintos sistemas como o Litmus que van ser a plataforma de tests normalizados están en pleno desenvolvemento así que as cousas aínda van un pouco informalmente e hai que apoiarse moito nas persoas directamente. Creei unha conta no bugzilla, que é o sistema no que se rexistran https://bugs.freedesktop.org/ De todas maneiras os desenvolvedores non recomendan enviar as cousas aí se non se coñece ben o que se está a facer. As normas para cubrir un informe no sistema están aquí http://wiki.documentfoundation.org/BugReport_Details Cada versión de LibO ten o que se chama un "metabug" no que se recollen todos os informes particulares correspondentes e serve para que os desenvolvedores de código se organicen. Ese metabug chámanlle por exemplo este que é válido para toda a serie 3.x.x «Bug 35673 - LibreOffice 3.4 most annoying bugs» Recoméndase en todo caso, sen entrar en maiores complicacións comunicar os problemas na lista [tdf-discuss] ou ben na lista de [users}] Tamén, por suposto, se aceptan informes nas nosas listas, especialmente esta mesma <[email protected]> Como facer? - comentar o problema e preguntar se hai alguén que o poida confirmar - pedir a alguén que cubra o informe do bug no Bugzilla - mandar un "borrador" de informe - mandar un correo privado a algún dos responsables (conforme a lista que enviei antes, por exemplo) Axuda moito diferenciar entre problemas das novas funcionalidades ou problemas de regresión, cando algo que funcionaba ben agora falla. O mesmo se pode dicir sobre a solicitude de novas funcionalidades. Sempre a través das listas. http://www.libreoffice.org/get-help/mailing-lists/ -- Antón Méixome - TDF member 105 Blog about Galician Office Suite Galician community OOo.org & LibO http://blog.openoffice.gl // http://blog.libreoffice.gl -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
