Ola a todos, acabo de rexistrarme nesta lista. Estiven mirando e nalgunha mensaxe comentades que se poden facer suxerencias de novas features aquí mesmo así que aí vou. A miña suxerencia é que se inclúa unha opción de "Current page" ou "Páxina actual" na ventá de impresión. Actualmente só existen as opcións de "Todas as páxinas", un intervalo de páxinas ou "Selección" cando tes seleccionado algún texto. Eu creo que sería útil incluír unha opción de "Páxina actual" porque é algo que se fai moi a miúdo. Tal e como está agora, poderíase imprimir a páxina actual escribindo o número desa páxina na sección de rango pero creo que é pouco práctico.
Un saúdo. -- View this message in context: http://nabble.documentfoundation.org/Suxerencia-funcionalidade-tp3378935p3378935.html Sent from the Discuss mailing list archive at Nabble.com. -- Correo a [email protected] para saber como desubscribirse O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/ As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
